POLÍTICA DE COOKIES
Esta entidade utiliza cookies necesarias para o correcto funcionamento do seu sitio web. Si desexa ampliar información sobre a Política de cookies e configuración das mesmas no navegador, faga click en "Ler"
Sede electrónica
Realiza as túas xestións
co Concello de Narón
Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.
Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica
A presentación da comunicación implica o coñecemento e o compromiso de cumprimento dos seguintes requisitos:
• As dimensións non poderán superar os cinco metros de altura e os tres de diámetro.
• As fogueiras estarán situadas a unha distancia mínima de 30 metros das vivendas vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais.
• As fogueiras non poderán estar situadas nas vías de acceso ou de circulación.
• En caso de que na zona exista máis dunha fogueira, a distancia entre elas debe ser dun mínimo de 100 metros.
• Non se queimarán residuos perigosos ou tóxicos, como pneumáticos, aceites, plásticos, envases baleiros ou aerosois.
• As fogueiras deben estar vixiadas até a súa total extinción, debendo contar con medios adecuados ás súas dimensións.
• No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e/ou extinción da fogueira, esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
• En caso de calquera accidente avisarase o máis rápido posible ao 112.
• As fogueiras iniciaranse ás 20.00 h e deberán extinguirse antes das 3.00 h, sendo a persoa solicitante a responsable de garantir a limpeza de calquera residuo.
IMPORTANTE: A comunicación non implica autorización, xa que as autorización de queimas son competencia da Xunta de Galicia