18/07/2024 21:36:13

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



06.- Reserva de Aparcadoiro, Peches de Ruas, e Subministro de Espellos de Sinalizacion (A-POL-06)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Solicitudes de reserva de aparcadoiro na vía pública para mudanzas, carga ou descarga de materiais e outros, peches de rúa, subministro de espellos de sinalización.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
¿Quen o pode solicitar? Persoa física con capacidade de obrar, persoa xurídica ou representante.
¿Como solicitalo? De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada.

Enderezo:
Concello de Narón.
Praza de Galiza s/n.
15570 NARÓN.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.

A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Unidade tramitadora Unidade Administrativa da Policía Local.
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía do Concello de Narón.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, con sede en Ferrol, no prazo de dous meses a partir do día seguinte da notificación.

No caso de presentar recurso de reposición, non poderá interpoñer o contencioso-administrativo, ata que se resolva expresamente o de reposición ou se produza a desestimación presunta polo transcurso do devandito mes sen terlle notificado a dita resolución expresa.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno.

Tributos Ordenanza Fiscal nº 27 Reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. (Tarifas 2.3, 2.4 e 2.6).
Prazo máximo de resolución 3 meses.
Observacións A solicitude deberá presentarse cunha antelación mínima de tres días respecto da realización da actividade.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
01.- Solicitude.: 01.- Solicitude. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 10 Ordenanza Fiscal Nº 27 Reguladora da Taxa Pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local Ver ordenanza.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude