18/07/2024 23:22:00

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



19.- Expedientes Pensions non Contributivas (Invalidez) (S-SOC-19)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Solicitar pensión non contributiva de Invalidez.
Forma de inicio Solicitude do interesado segundo o modelo normalizado BS650A da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Quen o pode solicitar? Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado:

1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.

2) Ter 18 anos ou máis anos e menos de 65.

3) Residir en territorio español e telo feito durante un periodo de 5 anos, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatemente anteriores á data de solicitude.

4) Ter recoñecido un grao de minusvalidez ou discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.
Requisitos
¿Como solicitalo? A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá? Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tributos

Documentación para achegar
Tipo Presentación
01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS650A. Enlace externo ao modelo BS650A da Xunta de Galicia. : 01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS650A. Enlace externo ao modelo BS650A da Xunta de Galicia. Obrigatorio Ambas
02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo normalizado BS650A.: 03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo normalizado BS650A. Opcional Ambas
04.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de denegar a consulta.: 04.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas
05.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta.: 05.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas
06.- Certificación de convivencia.: 06.- Certificación de convivencia. Opcional Ambas
07.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de denegar a consulta.: 07.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas
08.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta.: 08.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas
09.- Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.: 09.- Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria. Opcional Ambas
10.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.: 10.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
11.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS650A ou cando este fora emitido por o: 11.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS650A ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
12.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de denegar a consulta.: 12.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas
13.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta.: 13.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de denegar a consulta. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 33 Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar. (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015) Ver disposición.
RD 357/1991 Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (BOE nº 69 do 21 de marzo de 1991). Ver disposición.
RDL 1/1994 Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE nº 154 do 29 de xuño de 1994). Ver disposición.
OR XER 36 Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE nº 280 do 20 de novembro de 2009). Ver disposición.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurído do sector público.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.