18/07/2024 22:51:01

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



17.- Expedientes Recoñecemento Discapacidades (S-SOC-17)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Forma de inicio Solicitude do interesado segundo o modelo normalizado BS611A da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Quen o pode solicitar? Poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade aquelas persoas de nacionalidade española que residan nun municipio da Comunidade Autónoma e que cumpran os demais requisitos que se establecen nesta orde.
2. Así mesmo, poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade as persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro e as persoas estranxeiras residentes en Galicia segundo o procedemento establecido nos artigos 25 e 26 respectivamente.
Requisitos
¿Como solicitalo? A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá? Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tributos

Documentación para achegar
Tipo Presentación
01.- Modelo normalizado BS611A. Enlace externo ao modelo BS611A da Xunta de Galicia. : 01.- Modelo normalizado BS611A. Enlace externo ao modelo BS611A da Xunta de Galicia. Obrigatorio Ambas
02.- Copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor a consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facen: 02.- Copia cotexada do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor a consultar os datos de identidade da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Opcional Ambas
03.- Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla en que apareza o nome da persoa solicitante, no caso de non posuír DNI.: 03.- Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla en que apareza o nome da persoa solicitante, no caso de non posuír DNI. Opcional Ambas
04.- Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia do/a interesado/a nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xes: 04.- Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia do/a interesado/a nun municipio da Comunidade Autónoma no momento de presentar a solicitude, no caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para consultar os datos de residencia da persoa solicitante no Sistema de verificación de datos de residencia do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Opcional Ambas
05.- No caso de persoas interesadas estranxeiras deberase achegar copia compulsada do permiso legal de residencia.: 05.- No caso de persoas interesadas estranxeiras deberase achegar copia compulsada do permiso legal de residencia. Opcional Ambas
06.- Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, segundo o anexo II do modelo normalizado BS611A, e copia compulsada do DNI/NIE da persoa representante, no caso de que non autorice o órgano xestor para consultar os d: 06.- Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, segundo o anexo II do modelo normalizado BS611A, e copia compulsada do DNI/NIE da persoa representante, no caso de que non autorice o órgano xestor para consultar os datos de identidade. Opcional Ambas
07.- Informes médicos ou psicolóxicos, emitidos por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente.: 07.- Informes médicos ou psicolóxicos, emitidos por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 34 Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 236 do 11 de decembro de 2015). Ver disposición.
OR XER 35 Corrección de erros. Orde do 25 de novembro de 2015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 16 do 26 de xaneiro de 2016). Ver disposición.
RD 1971/1999 Real Decreto 1971/1999, de 23 de decembro, de procedemento para recoñecemento, declaración e cualificación do grado de discapacidade.
RD CE 1971/199 Corrección de erros do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 62 do 13 de marzo de 2000).
RD 1169/2003 Real Decreto 1169/2003, do 12 de setembro, polo que se modifica o anexo I do Real Decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de minusvalidez (BOE nº 238 do 4 de outubro de 2003).
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurído do sector público.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.