18/07/2024 21:43:10

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



04.- Limpeza de Parcelas Urbanas (S-MAM-04)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Poñer en coñecemento do Concello o incumprimento do establecido no establecido no artigo 88 da Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón (BOP núm. 224 do 23.11.2012) que establece que os propietarios dos terreos teñen a obriga de mantelos limpos, libres de desfeitos, maleza e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público, en consonancia co establecido na lexislación urbanística de aplicación (artigo 135.1 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia).
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? Calquera persoa que desexe denunciar o incumprimento da normativa de aplicación.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.


Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? En caso de incumprimento do requirimento de limpeza, poderase acordar a incoación de expediente sancionador, así como a imposición de multas coercitivas reiterables por importe comprendido entre os 300 e os 6000 euros (artigo 101 da Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón). O órgano competente para a imposición da sanción será o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Narón, de acordo co establecido no artigo 25.2 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
Prazo de tramitación Un ano.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravamen, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos
Prazo de presentación Poderase presentar en calquera momento ao longo do ano.
Observacións
Preguntas frecuentes

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude: 1. Solicitude Obrigatorio Ambas
2. Ou ben se especifica a referencia catastral da parcela denunciada na solicitude, ou ben se achega un plano de situación con indicación de dita parcela.: 2. Ou ben se especifica a referencia catastral da parcela denunciada na solicitude, ou ben se achega un plano de situación con indicación de dita parcela. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 2/2016 Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
OR XER 16 Ordenanza municipal reguladora de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón (BOP nº 224 do 23 de novembro de 2012). Ver disposición.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.