18/07/2024 22:56:21

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



02.- Autorización para a obtención do permiso municipal de conductor asalariado a un vehículo adscrito a unha licenza municipal de taxi (S-CON-02)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Mediante este procedemento o titular da licenza de taxi solicita a tarxeta de identificación de conductor do vehículo adscrito á mesma previo pago da taxa correspondente.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? O titular da licenza.
¿Como solicitalo? De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do Rexistro Telemático

Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio

Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Unidade tramitadora Servizo de Contratación.
¿Órgano que o resolverá? Mediante resolución do concelleiro delegado neste ámbito.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado entenderase desestimada por silencio administrativo a solicitude.
Recursos posibles Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.
Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
Tributos 7,33 euros.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude: 1. Solicitude Obrigatorio Ambas
2. Copia do Contrato.: 2. Copia do Contrato. Obrigatorio Ambas
3. Copia da alta correspondente no Réxime Xeral da Seguridade Social na que deberán de figurar inscritos como conductores.: 3. Copia da alta correspondente no Réxime Xeral da Seguridade Social na que deberán de figurar inscritos como conductores. Obrigatorio Ambas
4. Copia do DNI e do carnet de conducir.: 4. Copia do DNI e do carnet de conducir. Obrigatorio Ambas
5. Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa ou impedimento fÍsico ou psíquico que lle imposibilite ou dificulte o normal exercicio de conductor de autotaxi, nin ser consumidor habitual de estupefacientes ou bebidas alcohólicas: 5. Certificado médico de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa ou impedimento fÍsico ou psíquico que lle imposibilite ou dificulte o normal exercicio de conductor de autotaxi, nin ser consumidor habitual de estupefacientes ou bebidas alcohólicas. Obrigatorio Ambas
6. Unha fotografía tamaño carnet.: 6. Unha fotografía tamaño carnet. Obrigatorio Ambas
7. Declaración xurada de que non se atopa desempeñando simultaneamente outros traballos que afecten á súa capacidade física para a condución ou que repercutan negativamente sobre a seguridade viaria.: 7. Declaración xurada de que non se atopa desempeñando simultaneamente outros traballos que afecten á súa capacidade física para a condución ou que repercutan negativamente sobre a seguridade viaria. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 13 Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi no Concello de Narón (BOP nº 113 do 17 de xuño de 2015). Ver disposición.
OR XER 14 O non previsto na Ordenanza ou nas súas disposicións complementarias, serán de aplicación directa as normas da Lei 4/2013 de 30 de maio; e supletoriamente Seguirase o Regulamento Nacional de Servizos urbanos de Transportes en Automóbiles Lixeiros, aprobado por Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo, e as súas modificacións aprobadas por Real Decreto 1080/89 de 1 de setembro e Real Decreto 236/1983, de 9 de febreiro.
OR XER 15 Ordenanza Fiscal Nº 11 Reguladora da Taxa Pola expedición de documentos administrativos Ver ordenanza.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar