18/07/2024 22:09:35

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



02.- Alta rexistro de cans e animais potencialmente perigosos (S-MAM-02)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Rexistro dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 6 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? O propietario do animal e titular da licenza. As persoas propietarias de cans considerados como de raza perigosa teñen que inscribilos no concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can.

Antes de tramitar a inscrición do can debe tramitar a licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos. A licenza deberá ser solicitada no concello de residencia do interesado.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.


Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? Concellería Delegada de Salubridade Pública e Actividades Medioambientais.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
Prazo de presentación Incumbe ao titular da licenza a obriga de solicitar a inscripción no Rexistro dentro dos quince días seguintes á data de obtención da licenza.
Observacións - Será motivo de inscrición no rexistro municipal o traslado temporal ao termo municipal por un período superior a tres meses.

- O propietario ou titular dos animais potencialmente perigosos disporá dun prazo máximo de 15 días para comunicar: a morte (mediante certificado veterinario), venda, doazón, traslado, roubo (mediante denuncia), perda do animal, esterilización ou calquera variación nos datos do rexistro.

Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:

1) Con bozo axeitado e homologado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
2) Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
3) Non pode levar máis de un can potencialmente perigoso ao mesmo tempo.
Preguntas frecuentes - ¿Onde se tramita a inscrición do can?

No concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can. Exemplo: Se vostede está empadroado en Neda, tramitará a licenza en Neda, pero se o can o ten nunha casa en Narón, terá que inscribir o can neste concello.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Modelo Solicitude de alta no rexistro de animais potencialmente perigrosos.: 1. Modelo Solicitude de alta no rexistro de animais potencialmente perigrosos. Obrigatorio Ambas
2. Fotocopia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip, asinado polo veterinario responsable.: 2. Fotocopia compulsada do documento acreditativo da implantación do microchip, asinado polo veterinario responsable. Obrigatorio Ambas
3. Certificado sanitario (ou fotocopia compulsada), expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como u: 3. Certificado sanitario (ou fotocopia compulsada), expedido por un veterinario, que acredite con periodicidade anual, a situación sanitaria do animal e a inexistencia de enfermidades ou síntomas que o poidan facer potencialmente perigoso, así como unha certificación de que o animal carece de lesións ou cicatrices que puideran estar relacionadas coa utilización do animal en peleas ou outras actividades prohibidas. Obrigatorio Ambas
4. Fotocopia da cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación do animal potencialmente perigoso.: 4. Fotocopia da cartilla sanitaria actualizada nos tratamentos preceptivos e preventivos propios da especie e idade. Na cartilla sanitaria figurará a catalogación do animal potencialmente perigoso. Obrigatorio Ambas
5. Copia da licenza municipal da tenza de animais potencialmente perigosos (se se obtivo noutro concello diferente ao Concello de Narón).: 5. Copia da licenza municipal da tenza de animais potencialmente perigosos (se se obtivo noutro concello diferente ao Concello de Narón). Obrigatorio Ambas
6. Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil, onde se especifique claramente unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de copia cotexada: 6. Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil, onde se especifique claramente unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de copia cotexada ou compulsada da póliza de seguros ou ben mediante certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente, e fotocopia do recibo de pagamento. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 50/1999 Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 307 do 24 de decembro de 1999).
RD 287/2002 Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 74 do 27 de marzo de 2002).
Decreto 90/2002 Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos (DOGA núm. 63 do 02 de abril de 2002).
OR XER 02 Ordenanza reguladora da tenza, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos do Concello de Narón. Ver disposición
Lei 4/2017 Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia (DOGA núm. 194, do 11 de outubro de 2017). Ver disposición.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.