23/10/2024 12:21:11

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Verificación de documentos > Detalle publicación > Tramitación > Información do procedemento



03.- Comunicación ou notificación ao rexistro municipal de animais potencialmente perigosos de baixas e outras circunstancias (S-MAM-03)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto O obxeto do presente procedemento é a comunicación ou notificación ao rexistro da baixa (temporal/permanente), venta, perda, roubo, agresións, esterilizacións, cambios de enderezo do propietario e do animal ao rexistro municipal dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento legal ao establecido no artigo 6 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e ao artigo 7 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? O propietario do animal que tivese censado un animal no rexistro de animais de compañía potencialmente perigosos.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.


Prazo de presentación Todo o ano.
O propietario dun animal potencialmente perigoso deberá comunicar calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días dende que se producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmediata.
Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? Concellería Delegada de Medio ambiente e Sanidade
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos Non aplica.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
Observacións

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Modelo Comunicación ou notificación ao Rexistro municipal de animais potencialmente peligrosos de baixas e outras circustancias: 1. Modelo Comunicación ou notificación ao Rexistro municipal de animais potencialmente peligrosos de baixas e outras circustancias Obrigatorio Ambas
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas
2. Para Baixa Definitiva - Certificado veterinario ou de autoridade compentente que acredite a morte ou sacrificio, ou o cambio de concello do concello de residencia do animal.: 2. Para Baixa Definitiva - Certificado veterinario ou de autoridade compentente que acredite a morte ou sacrificio, ou o cambio de concello do concello de residencia do animal. Obrigatorio Ambas
3. Para Baixa Definitiva - Cambio de propietario que implique cambie de concello de residencia do animal: certificado veterinario ou de autoridade competente que acredite o cambio de titularidade do animal.: 3. Para Baixa Definitiva - Cambio de propietario que implique cambie de concello de residencia do animal: certificado veterinario ou de autoridade competente que acredite o cambio de titularidade do animal. Obrigatorio Ambas
4. Para Cambio de Propietario que non implique cambio de Concello - Certificado veterinario ou de autoridade competente que acredite o cambio de titularidade do animal.: 4. Para Cambio de Propietario que non implique cambio de Concello - Certificado veterinario ou de autoridade competente que acredite o cambio de titularidade do animal. Obrigatorio Ambas
5. Para Cambio de Propietario que non implique cambio de Concello - Copia da licenza do novo propietario se se obtivo nun concello diferente ao Concello de Narón.: 5. Para Cambio de Propietario que non implique cambio de Concello - Copia da licenza do novo propietario se se obtivo nun concello diferente ao Concello de Narón. Obrigatorio Ambas
6. Para Esterilizacións - Copia da certificación veterinaria acreditativa.: 6. Para Esterilizacións - Copia da certificación veterinaria acreditativa. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 50/1999 Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 307 do 24 de decembro de 1999).
RD 287/2002 Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 74 do 27 de marzo de 2002).
Decreto 90/2002 Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos (DOGA núm. 63 do 02 de abril de 2002).
OR XER 02 Ordenanza reguladora da tenza, defensa e protección dos animais de compañía e potencialmente perigosos do Concello de Narón. Ver disposición
Lei 4/2017 Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia (DOGA núm. 194, do 11 de outubro de 2017). Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática