18/07/2024 22:43:03

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01.- Alta de licenza de venda ambulante no Feirón de Santa Icía (S-FEM-01)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto As persoas interesadas poderán solicitar a autorización necesaria para a instalación dun posto de venda ambulante para a venda de produtos horto-frutícolas no mercado mensual (Feirón de Santa Icía).

Forma de inicio A instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? As persoas físicas que sexan propietarias ou teñan dereito de aproveitamento dalgún tipo de terra de labor na que produza as especies que se pretenden vender.
¿Como solicitalo? - Casa do Concello: Praza de Galicia, s/n, 15570, Narón.

- Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.

- A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.

Unidade tramitadora Negociado de Feiras e Mercados.
¿Órgano que o resolverá? A Concellería Delegada de Feiras e Mercados.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
- Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
- Calquera outro que se considere procedente.
Tributos Ordenanza Fiscal Nº 27 Reguladora da Taxa pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local.
Prazo máximo de resolución O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude.: 1. Solicitude. Obrigatorio Ambas
2. Fotocopia do documento nacional de identidade e da tarxeta do número de identificación fiscal. No caso de que o solicitante sexa estranxeiro deberá acompañar fotocopia do pasaporte e do permiso de residencia e traballo ou da tarxeta de residencia,: 2. Fotocopia do documento nacional de identidade e da tarxeta do número de identificación fiscal. No caso de que o solicitante sexa estranxeiro deberá acompañar fotocopia do pasaporte e do permiso de residencia e traballo ou da tarxeta de residencia, en vigor, segundo se trate de estranxeiros de países non comunitarios ou comunitarios, respectivamente. Obrigatorio Ambas
3. Alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas.: 3. Alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas. Obrigatorio Ambas
4. Compromiso expreso, que deberá constar así na solicitude, de que a persoa que vai exercer directamente a venda ambulante será o titular da autorización, actuando exclusivamente por conta e en nome propios, así como a declaración, igualmente expres: 4. Compromiso expreso, que deberá constar así na solicitude, de que a persoa que vai exercer directamente a venda ambulante será o titular da autorización, actuando exclusivamente por conta e en nome propios, así como a declaración, igualmente expresa, de coñecer e cumpri?las normas ás que debe axustarse a súa actividade no caso de ser autorizada. Deberá tamén incluírse o nome da persoa ou persoas que ocasionalmente poidan substituír no exercicio da actividade ó titular da autorización. Obrigatorio Ambas
5. Se a autorización afecta á venda de produtos alimenticios, deberá achegar fotocopia do carné de manipulador de alimentos en vigor.: 5. Se a autorización afecta á venda de produtos alimenticios, deberá achegar fotocopia do carné de manipulador de alimentos en vigor. Obrigatorio Ambas
6. Certificado acreditativo do correcto funcionamento da maquinaria e instalacións que pretende utilizar, así coma do seguro de responsabilidade civil que garante a cobertura de calquera clase de risco que tal maquinaria ou instalacións poida orixina: 6. Certificado acreditativo do correcto funcionamento da maquinaria e instalacións que pretende utilizar, así coma do seguro de responsabilidade civil que garante a cobertura de calquera clase de risco que tal maquinaria ou instalacións poida orixinar. Obrigatorio Ambas
7. Dúas fotografías actuais do solicitante tamaño carné.: 7. Dúas fotografías actuais do solicitante tamaño carné. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 13/2010 Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
OR XER 09 Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante do Concello de Narónde (BOP Nº 43 de 21 de febreiro de 2009) Ver disposición.
OR XER 10 Ordenanza Fiscal Nº 27 Reguladora da Taxa Pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local Ver ordenanza.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude