14/07/2024 06:17:22

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



07.- Xestion de baixas no padrón (S-EST-07)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Regular os trámites e requisitos necesarios para proceder á Alta no Padrón Municipal ou cambio de Enderezo dentro do termo municipal de Narón.
Forma de inicio Altas:
a) A instancia de parte, de acordo coas instrucións que se recollen nos artigos 1 a 5.1.3.1 da Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal, BOE número 71, de 24 de marzo de 2015 (Resolución 30/01/2015 en adiante).
b) De oficio, nos termos establecidos no artigo 5.1.3.2 da Resolución 30/01/2015

Expedientes de modificación ou cambios no Padrón:
De oficio ou a instancia de parte segundo se recolle nos artigos 5.3 a 5.3.5 da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar? Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía do Concello de Narón, sen prexuízo de que nalgún procedemento que polas súas circunstancias especiais deba obterse autorización por parte do Instituto Nacional de Estatística, a través do Consello de Empadroamento.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorios.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos Ningún.
Prazo máximo de resolución 3 meses, segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións É posible que para resolver determinados procedementos, este Negociado teña que acudir tanto a informes ou ditames emitidos por outras Administracións Públicas como o Consello de Empadroamento ou órganos da Administración autonómica, como a infomes dos propios Servizos municipais, como poida ser a Policía local.

A solicitude de Alta no Padrón de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia de longa duración (ENCSARP) ou de estranxeiros que non teñen a obriga de renovar a súa inscrición padroal quedan suxeitos ás normas xerais que regulan tales procedementos e, en particular, ás instrucións ditadas para estes efectos na Resolución 30/01/2015.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude de Baixa por cambio de residencia no caso dos estranxeiros, ou dos seus fillos, por abandono de España.: Solicitude de Baixa por cambio de residencia no caso dos estranxeiros, ou dos seus fillos, por abandono de España. Obrigatorio Ambas
Solicitude de incoación de expedientes de baixa por inclusión indebida.: Solicitude de incoación de expedientes de baixa por inclusión indebida. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
RD 2612/1996 Real Decreto 2612/96, do 20 de decembro, que modifica o Real Decreto 1690/86, do 11 de Xullo, sobre o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 15/1999 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Lei Orgánica 14/2003 Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, do 22 de decembro; da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal.
Resolución de 30/01/2015 Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.
RD 2568/1986 Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude