18/07/2024 21:58:17

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01.- Xestion de altas e cambios no padrón (S-EST-01)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Rregular os trámites e requisitos necesarios para proceder á Baixa no Padrón Municipal do Concello de Narón, nos termos establecidos nos artigos 5.2 e seguintes da Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.

Forma de inicio De oficio: como consecuencia das comunicacións recibidas polo INE ou como consecuencia dos traballos realizados polo Negociado de Estatística do Concello de Narón.

A instancia de parte: mediante solicitude de incoación de expediente de baixa por inscrición indebida dun habitante ao incumplir o establecido no art. 54 do Regulamento de Poboación e Demarcación territorial das entidades locais.
No caso de estranxeiros, ou os seus fillos aínda que teñan nacionalidade española, estes poden solicitar a baixa por cambio de residencia cando abandonen España, segundo se establece no artigo 5.2.1 da Resolución de 30 de xaneiro de 2015.

¿Quen o pode solicitar? Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía do Concello de Narón, sen prexuízo de que nalgún procedemento que polas súas circunstancias especiais deba obterse autorización por parte do Instituto Nacional de Estatística, a través do Consello de Empadroamento.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Estimatorios.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos Ningún.
Prazo máximo de resolución O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións É posible que para resolver determinados procedementos, este Negociado teña que acudir tanto a informes ou ditames emitidos por outras Administracións Públicas como o Consello de Empadroamento ou órganos da Administración autonómica, como a infomes dos propios Servizos municipais, como poida ser a Policía local.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Declaración responsable do proxenitor para inscrición ou cambio de enderezo de menores non emancipados no padrón municipal.: Declaración responsable do proxenitor para inscrición ou cambio de enderezo de menores non emancipados no padrón municipal. Opcional Ambas
Documentación acreditativa da identidade: DNI (obrigatorio para maiores de 14 anos), ou Libro de Familia o Certificado de nacemento para menores de 14 anos que non dispoñan de DNI. No caso de estranxeiros o NIE ou no seu defecto Pasaporte expedido po: Documentación acreditativa da identidade: DNI (obrigatorio para maiores de 14 anos), ou Libro de Familia o Certificado de nacemento para menores de 14 anos que non dispoñan de DNI. No caso de estranxeiros o NIE ou no seu defecto Pasaporte expedido polas autoridades do seu país. No caso de estranxeiros menores nacidos en España menores de 3 meses: Libro de Familia ou Certificado de nacemento expedido polas autoridades españolas no caso de que non dispoñan doutro documento de identificación.
No seu caso, esixirase a documentación acreditativa de representación de menores e incapacitados (sentencia xudicial, declaración xurada ou calquera outro que se estime pertinente de acordo coas normas xerais de representación).
Obrigatorio Ambas
Folla padroal cuberta e asinada: Folla padroal cuberta e asinada Obrigatorio Ambas
Solicitude de cambio de enderezo dentro do Concello de Narón: Solicitude de cambio de enderezo dentro do Concello de Narón Opcional Ambas
Solicitude de modificación ou actualización de datos persoais: Solicitude de modificación ou actualización de datos persoais Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
RD 2612/1996 Real Decreto 2612/96, do 20 de decembro, que modifica o Real Decreto 1690/86, do 11 de Xullo, sobre o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 15/1999 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Lei Orgánica 14/2003 Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, do 22 de decembro; da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal.
Resolución de 30/01/2015 Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.
RD 2568/1986 Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.