18/07/2024 21:45:43

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



06.- Solicitude de número de vivenda (S-EST-06)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Regular o procedemento para solicitude do número de vivenda ou edificio segundos os termos que se recollen no artigo 14.5 da Resolución 30/01/2015 e na Ordenanza de rotulación de vías urbanas, diseminados e numeración de edificios (BOP número 109 de 11 de xuño de 2012).
Forma de inicio De oficio ou a instancia de parte nos termos recollidos no artigo 14.5 da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar? O interesado no devandito procedemento sempre que conte con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou no seu caso por medio de representante.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía deste Concello.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorios.
Recursos posibles
Tributos Ningún.
Prazo máximo de resolución O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións A asignación do número de vivenda ou edificio non obsta a que o Concello efectúe modificacións de numeración ou denominación da vía, o cal será debidamente notificado.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude de numeración debidamente cuberta: Solicitude de numeración debidamente cuberta Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
RD 2612/1996 Real Decreto 2612/96, do 20 de decembro, que modifica o Real Decreto 1690/86, do 11 de Xullo, sobre o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 15/1999 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Lei Orgánica 14/2003 Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, do 22 de decembro; da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal.
Resolución de 30/01/2015 Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.
RD 2568/1986 Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.
OR XER 08 Ordenanza de rotulación de vías urbanas, diseminados e numeración de edificios (BOP Nº 109 de 11 de xuño de 2012) Ver disposición.
OR XER 07 Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información pública, reutilización da informacióne bo goberno do concello de Narón Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude