18/07/2024 23:29:25

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



02.- Emisión certificados empadroamento (S-EST-02)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto O obxecto deste procedemento é regular a expedición de certificados de empadroamento.
Forma de inicio A instancia de parte, de acordo coas instrucións recollidas nos artigos 8.1.1 e seguintes da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar? Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou ben nos casos de cesión de datos padroais a outras Administracións Públicas mediante solicitude realizada en tempo e forma de acordo coas instrucións do artigo 8.2 e seguintes da Resolución 30/01/2015.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora Negociado de Estatística.
¿Órgano que o resolverá? As certificacións expediranse por orde do Alcalde e co seu visto e prace, segundo se recolle no artigo 205 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorios.
Recursos posibles Contra a denegación da expedición da certificación mediante Resolución de Alcaldía ou no seu caso do Concelleiro delegado na materia podería dar lugar ao Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos Ningún.
Prazo máximo de resolución 15 dias aproximadamente, dende a solicitude, sen prexuízo do prazo máximo establecido na Lei 39/2015.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Documentación acreditativa da identidade das persoas inscritas que vaian figurar na certificación, e no seu caso a acreditación da representación por calquera medio válido en dereito.: Documentación acreditativa da identidade das persoas inscritas que vaian figurar na certificación, e no seu caso a acreditación da representación por calquera medio válido en dereito. Obrigatorio Ambas
Solicitude de Certificado de Empadroamento debidamente cuberta.: Solicitude de Certificado de Empadroamento debidamente cuberta. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
RD 2612/1996 Real Decreto 2612/96, do 20 de decembro, que modifica o Real Decreto 1690/86, do 11 de Xullo, sobre o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 15/1999 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Lei Orgánica 14/2003 Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, do 22 de decembro; da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal.
Resolución de 30/01/2015 Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.
RD 2568/1986 Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude