18/07/2024 23:15:25

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



04.- Comprobación periodica residencia extranxeiros (Non ENCSARP) (S-EST-04)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Regular os trámites e requisitos a cumplir para proceder á comprobación periódica de inscricións padroais dos estranxeiros que non teñen a obriga de renovar a súa inscrición padroal cada dous anos.
Forma de inicio De oficio ou a instancia de parte nos termos recollidos no artigo 7 da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar? O interesado no devandito procedemento sempre que conte con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou no seu caso por medio de representante.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.
Unidade tramitadora Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá? A confirmación da súa residencia non require ningún acto expreso de funcionario ou autoridade municipal, xa que a dita comprobación pode realizarse por medio de escrito do propio interesado ou ben se poden utilizar outros medios para efectuar as devanditas comprobacións por medio da Policía local, funcionarios municipais, etc. Non obstante, cando a dita residencia non poida ser comprobada incoarase expediente de Baixa de oficio segundo dita o artigo 72 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das entidades locais.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Estimatorios.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos Ningún.
Prazo máximo de resolución O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Documentación acreditativa da identidade do interesado ou do seu representante no seu caso: Documentación acreditativa da identidade do interesado ou do seu representante no seu caso Obrigatorio Ambas
Solicitude de confirmación de residencia: Solicitude de confirmación de residencia Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
RD 2612/1996 Real Decreto 2612/96, do 20 de decembro, que modifica o Real Decreto 1690/86, do 11 de Xullo, sobre o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 15/1999 Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.
Lei Orgánica 14/2003 Lei Orgánica 14/2003, do 20 de novembro, de Reforma da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei Orgánica 8/2000, do 22 de decembro; da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e da Lei 3/1991, do 10 de xaneiro, de Competencia Desleal.
Resolución de 30/01/2015 Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.
RD 2568/1986 Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude