04/07/2024 21:31:08

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



16.- Expedientes Axudas de Inclusion Social da Xunta de Galicia (S-SOC-16)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Axudas para situacións de emerxencia social destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia.

Considéranse a estes efectos situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas que teñan carácter básico, transitorio, urxente e previsiblemente irrepetible, cando non estean cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Forma de inicio Solicitude do interesado conforme ó modelo normalizado BS618D da Consellería de Política Social.
¿Quen o pode solicitar? Persoas que cumpran cos seguintes requisitos:

- Ser maior de idade.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter constituido unha unidade de convivencia independente.
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.
Requisitos
¿Como solicitalo? A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Os trámites municipais lévanse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón e posteriormente remítese a solicitude xunto coa restante documentación á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá? Consellería de Política Social.
Prazo de tramitación Unha vez finalizada a instrución do expediente, o órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.

Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes de concesión das axudas de inclusión social en que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tributos

Documentación para achegar
Tipo Presentación
01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS618D. Enlace externo ao modelo BS618D da Xunta de Galicia. : 01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS618D. Enlace externo ao modelo BS618D da Xunta de Galicia. Obrigatorio Ambas
02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo normalizado BS618D.: 03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo normalizado BS618D. Opcional Ambas
04.- Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.: 04.- Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI. Opcional Ambas
05.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta.: 05.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta. Opcional Ambas
06.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D.: 06.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D. Opcional Ambas
07.- Certificación de convivencia.: 07.- Certificación de convivencia. Opcional Ambas
08.- Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de denegar a súa consulta.: 08.- Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de denegar a súa consulta. Opcional Ambas
09.- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.: 09.- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade. Opcional Ambas
10.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 10.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
11.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D.: 11.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D. Opcional Ambas
12.- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.: 12.- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude. Opcional Ambas
13.- Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo.: 13.- Informe emitido polo/a facultativo/a do Servizo Galego de Saúde nos casos nos que se solicite unha axuda de inclusión social que teña que ver coa saúde da persoa solicitante ou coa persoa menor de idade ao seu cargo. Opcional Ambas
14.- Orzamento de gastos para os que se solicita a axuda.: 14.- Orzamento de gastos para os que se solicita a axuda. Opcional Ambas
15.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.: 15.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
16.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D ou cando este fora emitido por o: 16.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
17.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 17.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
18.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D.: 18.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D. Opcional Ambas
19.- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 19.- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
20.- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D.: 20.- Documentación acreditativa da titularidade de vehículos, das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo normalizado BS618D. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 10/2013 Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013). Ver disposición.
OR XER 32 Orde do 26 de maio de 2015 pola que se aproba o modelo de informe social para a área da inclusión (ISI) e a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 14 de xullo de 2015). Ver disposición.
OR XER 33 Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar. (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015) Ver disposición.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurído do sector público.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.