04/07/2024 21:41:13

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



15.- Expedientes de RISGA (S-SOC-15)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto A renda de integración social de Galicia confórmase como unha prestación social destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como acadar a súa autonomía e integración normalizada mediante a execución dun proxecto personalizado de inserción. En canto prestación económica, terá carácter alimenticio persoal e non transmisible.
Forma de inicio Solicitude do interesado conforme ó modelo normalizado BS626F da Consellería de Política Social.
¿Quen o pode solicitar? Persoas nas que concorra unha problemática específica de integración.
Requisitos
¿Como solicitalo? A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá a través do Portelo Único á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Os trámites municipais lévanse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón e posteriormente remítese a solicitude xunto coa restante documentación á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá? Consellería de Política Social.
Prazo de tramitación Unha vez finalizada a instrución do expediente, o órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Entenderanse estimadas aquelas solicitudes de concesión da Risga nas que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para a resolución, e entenderase interrompido o dito prazo se concorren as causas de suspensión anteriormente descritas. En todo caso, para a aplicación da estimación por silencio administrativo, deberá constar no expediente a recepción dos informes preceptivos e determinantes con proposta de concesión da prestación. De non se daren estes requisitos, as solicitudes poderanse entender desestimadas.
Recursos posibles Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tributos

Documentación para achegar
Tipo Presentación
01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS626F. Enlace externo ao modelo BS626F da Xunta de Galicia. : 01.- Solicitude segundo Anexo I do modelo normalizado BS626F. Enlace externo ao modelo BS626F da Xunta de Galicia. Obrigatorio Ambas
02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 02.- Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo BS626F.: 03.- Copia do DNI ou NIE das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade no Anexo II do modelo BS626F. Opcional Ambas
04.- Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI.: 04.- Copia do libro de familia, só no caso de menores integrantes da unidade familiar sen DNI. Opcional Ambas
05.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta ou que nos últimos seis meses residira en mais dun concello de Galicia.: 05.- Certificado de residencia da persoa solicitante, no caso de non autorizar a consulta ou que nos últimos seis meses residira en mais dun concello de Galicia. Opcional Ambas
06.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F.: 06.- Certificado de residencia das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F. Opcional Ambas
07.- No caso de persoas emigrantes retornadas que fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar copia da súa baixa consular.: 07.- No caso de persoas emigrantes retornadas que fixasen a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán presentar copia da súa baixa consular. Opcional Ambas
08.- Certificación de convivencia.: 08.- Certificación de convivencia. Opcional Ambas
09.- No caso de ser vítima de violencia doméstica ou de xénero, deberá acreditar esta situación nos termos que sinala a normativa específica (artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xé: 09.- No caso de ser vítima de violencia doméstica ou de xénero, deberá acreditar esta situación nos termos que sinala a normativa específica (artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero). Opcional Ambas
10.- No caso de persoas refuxiadas, acreditación de ter recoñecida esta condición polo organismo competente da Administración xeral do Estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, autorización da permanencia en España por razón humanitaria: 10.- No caso de persoas refuxiadas, acreditación de ter recoñecida esta condición polo organismo competente da Administración xeral do Estado, ou no caso de non dispoñer deste recoñecemento, autorización da permanencia en España por razón humanitarias ou de interese social. Opcional Ambas
11.- No caso de persoas vítimas de trata de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, para os efectos da exención do requisito xeral de residencia e empadroamento, acreditación de ditos extremos e autorización de resid: 11.- No caso de persoas vítimas de trata de seres humanos ou de mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, para os efectos da exención do requisito xeral de residencia e empadroamento, acreditación de ditos extremos e autorización de residencia ou disposición dun traballo por circunstancias excepcionais, nos termos que estableza a normativa de apliación en materia de estranxería. Opcional Ambas
12.- Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade e denegar a súa consulta.: 12.- Certificación de titularidade de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade e denegar a súa consulta. Opcional Ambas
13.- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade.: 13.- Copia do último recibo do imposto de bens inmobles, só no caso de vivenda familiar en propiedade. Opcional Ambas
14.- No caso de residir nunha vivenda alugada, copia do contrato de aluguer en vigor.: 14.- No caso de residir nunha vivenda alugada, copia do contrato de aluguer en vigor. Opcional Ambas
15.- No caso de residir nun establecemento hoteleiro, pensión ou nunha casa particular en réxime de pensión debe achegar copia da factura ou recibo correspondente.: 15.- No caso de residir nun establecemento hoteleiro, pensión ou nunha casa particular en réxime de pensión debe achegar copia da factura ou recibo correspondente. Opcional Ambas
16.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.: 16.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta. Opcional Ambas
17.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F.: 17.- Certificado das prestacións e importes que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas que integran a unidade familiar, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F. Opcional Ambas
18.- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude.: 18.- Extracto de movementos de todas as contas bancarias das que sexan titulares calquera das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os doce meses anteriores á formulación da solicitude. Opcional Ambas
19.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma.: 19.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao da persoa solicitante, cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
20.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F ou cando este fora emitido por outra comunid: 20.- Copia do título de discapacidade ou solicitude de revisión do grao das persoas que integran a unidade familiar , cando proceda e só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II do modelo BS626F ou cando este fora emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
21.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante.: 21.- Copia da declaración da renda ou datos fiscais relativos ao último exercicio da persoa solicitante. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 10/2013 Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia (DOG nº 249 do 31 de decembro de 2013). Ver disposición.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurído do sector público.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.