04/07/2024 21:13:40

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



03.- Autorización para a realización de festexos populares (A-ALC-03)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descripción Solicitarase autorización para a realización de festas populares, gastronómicas e espectáculos no ámbito municipal.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? Comisións de festas, Asociacións municipais, culturais e aquelas outras persoas físicas ou xurídicas promotoras da actividade.
¿Como solicitalo? De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.

A través do Rexistro Telemático.

Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que intebran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio .

Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Unidade tramitadora Gabinete de Alcaldía.
Tributos Festexos tradicionais: gratuito.

Outros espectáculos: gratuito agás cando se realice ocupación de bens públicos.
¿Órgano que o resolverá? Mediante Resolución de Alcaldía.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado, entenderase que o proxecto é correcto e válido a todos os efectos e poderá entender estimada por silencio administrativo a solicitude.
Recursos posibles Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
Observacións
Prazo de presentación En cualquera momento.
Prazo máximo de resolución A tramitación da solicitude de autorización non poderá exceder de tres meses, a contar dende a presentación da solicitude e da documentación anexa no concello, ata a resolución municipal, na que se comunican os requisitos e condicionantes técnicos.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude.: 1. Solicitude. Obrigatorio Ambas
2. A documentación esixida polo Servizo de Prevención, Extición de incendios e Salvamento (SPEIS) do Concello de Narón.: 2. A documentación esixida polo Servizo de Prevención, Extición de incendios e Salvamento (SPEIS) do Concello de Narón. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 9/2013 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Decreto 292/2004 Decreto 292/2004, de 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 160/2005, de 2 de xuño.
RD 2816/1982 Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto., polo que se aproba o Regulamento xeral de policía, de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Lei 31/1995 Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Ver disposición.
Decreto 171/2010 Decreto 171/2010, de 1 de outubro, sobre plans de autoproteción na Comunidade Autónoma de Galicia. Ver disposición.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar