04/07/2024 20:41:57

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01.- Transmisión da titularidade dunha licenza municipal de taxi (S-CON-01)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Transmisión dos títulos habilitantes a calquera persoa física que o solicite e acredite que cumpre cos requisitos para ser titular destes segundo o establecido na lei.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? O titular da licenza.
¿Como solicitalo? De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do Rexistro Telemático

Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio

Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Unidade tramitadora Servizo de Contratación.
¿Órgano que o resolverá? Mediante resolución do concelleiro delegado neste ámbito.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado entenderase desestimada por silencio administrativo a solicitude.
Recursos posibles Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.
Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
Tributos 658,60 euros.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude: 1. Solicitude Obrigatorio Ambas
10. Unha fotografia tamaño carnet.: 10. Unha fotografia tamaño carnet. Obrigatorio Ambas
11. Certificado médico do adquirinte de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa ou impedimento fÍsico o psíquico que lle imposibilite ou dificulte o normal exercicio de conductor de autotaxi, nin ser consumidor habitual de estupefacientes ou bebid: 11. Certificado médico do adquirinte de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa ou impedimento fÍsico o psíquico que lle imposibilite ou dificulte o normal exercicio de conductor de autotaxi, nin ser consumidor habitual de estupefacientes ou bebidas alcohólicas. Obrigatorio Ambas
2. Certificados de non existir débedas coa Axencia Tributaria, S.social, Xunta de Galicia e co Concello de Narón tanto do titular de la licencia como do adquirinte da mesma.: 2. Certificados de non existir débedas coa Axencia Tributaria, S.social, Xunta de Galicia e co Concello de Narón tanto do titular de la licencia como do adquirinte da mesma. Obrigatorio Ambas
3. Declaración responsable e xurada do adquirinte, de si é ou non titular dunha ou máis licenzas de taxi neste ou noutro concello.: 3. Declaración responsable e xurada do adquirinte, de si é ou non titular dunha ou máis licenzas de taxi neste ou noutro concello. Obrigatorio Ambas
4. Declaración xurada do adquirinte de dedicación plena e exclusiva á actividade de taxi (artigo 10 da Lei 4/2013).: 4. Declaración xurada do adquirinte de dedicación plena e exclusiva á actividade de taxi (artigo 10 da Lei 4/2013). Obrigatorio Ambas
5. Declaración xurada do adquirinte de que non se atopa desempeñando simultaneamente outros traballos que afecten á seguridade viaria .: 5. Declaración xurada do adquirinte de que non se atopa desempeñando simultaneamente outros traballos que afecten á seguridade viaria . Obrigatorio Ambas
6. Copia compulsada (na Secretaría 5ª planta) do DNI e do carnet de conducir do titular e do adquirinte.: 6. Copia compulsada (na Secretaría 5ª planta) do DNI e do carnet de conducir do titular e do adquirinte. Obrigatorio Ambas
7. Copia compulsada do permiso de circulación e da documentación del vehículo adscrito á licenza que se quere transmitir.: 7. Copia compulsada do permiso de circulación e da documentación del vehículo adscrito á licenza que se quere transmitir. Obrigatorio Ambas
8. Copia compulsada da póliza de responsabilidade civil (polos danos que puideran ocasionarse na prestación do servizo, según o disposto na normativa vixente).: 8. Copia compulsada da póliza de responsabilidade civil (polos danos que puideran ocasionarse na prestación do servizo, según o disposto na normativa vixente). Obrigatorio Ambas
9. Copia compulsada da ITV.: 9. Copia compulsada da ITV. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 13 Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi no Concello de Narón (BOP nº 113 do 17 de xuño de 2015). Ver disposición.
OR XER 14 O non previsto na Ordenanza ou nas súas disposicións complementarias, serán de aplicación directa as normas da Lei 4/2013 de 30 de maio; e supletoriamente Seguirase o Regulamento Nacional de Servizos urbanos de Transportes en Automóbiles Lixeiros, aprobado por Real Decreto 763/1979, de 16 de marzo, e as súas modificacións aprobadas por Real Decreto 1080/89 de 1 de setembro e Real Decreto 236/1983, de 9 de febreiro.
OR XER 10 Ordenanza Fiscal Nº 27 Reguladora da Taxa Pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local Ver ordenanza.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar