04/07/2024 21:33:07

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



42. Axudas PEL-REACTIVA: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Obxecto Axudas do Concello de Narón ao amparo de PEL REACTIVA, Fondo de financiamento promovido pola Deputación da Coruña para a reactivación económica e social. Coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.
Forma de inicio Convocatoria pública.
¿Quen o pode solicitar? Microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que reúnan os requisitos esixidos no punto 4.2 das bases reguladoras destas axudas e se atopen nalgún dos seguintes supostos:

-Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

-Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

-Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
Requisitos
¿Como solicitalo? Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Servizo Sociocomunitario
Prazo de presentación Desde o 6 de novembro ata as 14:00 horas do 25 de novembro de 2020.
¿Órgano que o resolverá? Alcaldía ou órgano en que delegue
Prazo de tramitación O prazo máximo de resolución do procedemento será de 6 meses desde a data en que finalice o prazo de presentación das solicitudes.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio
Recursos posibles Recurso contencioso-administrativo e potestativo de reposición
Tributos
Observacións INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA AS SOLICITUDES DAS AXUDAS PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN

ACLARACIÓN DO CONCEPTO DE SOCIEDADE CIVIL CON PERSONALIDADE XURÍDICA


Resolución de concesión/desestimación provisional, renuncia e non admisión a trámite de axudas Solicitadas ao abeiro do Programa PEL-REACTIVA


Resolución de concesión/desestimación definitiva, renuncia e non admisión a trámite de axudas Solicitadas ao abeiro do Programa PEL-REACTIVA (BOP Nº 65 - Venres, 09 de abril de 2021)


Modelo de cartel para cumprimento da obriga de publicidade


Resolución de aprobación da xustificación de subvencións concedidas ó abeiro do Programa PEL-REACTIVA

Para máis información: 981 337700, extensións: 1114, 1123 e 1126.




Política de protección de datos
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Anexo de declaración responsable (ASINADA DIXITALMENTE): Anexo de declaración responsable (ASINADA DIXITALMENTE) Obrigatorio Telemática
Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado á data da convocatoria.: Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal Tributaria actualizado á data da convocatoria. Obrigatorio Telemática
Designación da conta bancaria segundo modelo do Concello T-TES-01.: Designación da conta bancaria segundo modelo do Concello T-TES-01. Opcional Telemática
DNI/NIE/CIF segundo o caso, en vigor.: DNI/NIE/CIF segundo o caso, en vigor. Obrigatorio Telemática
Informe actualizado de Vida Laboral da empresa, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as. Obrigatoriamente ha de comprender dende o 1 de marzo de 2020 e ata a data máis próxima á presentación d: Informe actualizado de Vida Laboral da empresa, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as. Obrigatoriamente ha de comprender dende o 1 de marzo de 2020 e ata a data máis próxima á presentación de solicitude. Obrigatorio Telemática
Modelo de cartel de publicidade PEL REACTIVA: Modelo de cartel de publicidade PEL REACTIVA Opcional Ambas
Se o solicitante pertence ao grupo II debe presentar, ademais: acreditación da redución de ingresos dende os seis meses naturais previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación da: Se o solicitante pertence ao grupo II debe presentar, ademais: acreditación da redución de ingresos dende os seis meses naturais previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF. Opcional Telemática
Se o solicitante pertence ao grupo III debe presentar, ademais: Documento acreditativo da situación do ERTE.: Se o solicitante pertence ao grupo III debe presentar, ademais: Documento acreditativo da situación do ERTE. Opcional Telemática
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 19 Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Narón.
Lei 38/2003 Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Lei 9/2007 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
OR DIP 01 Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña.
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei Organica 3/2018 Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía de dereitos dixitais.
Regulamento(UE) 1407/2013 Regulamento (UE) 1407/2013, do 18 de decembro, da Comisión, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (DOUE L352, do 24 de decembro de 2013)
Regulamento (UE) 1408/2013 Regulamento (UE) n.º 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).
Regulamento (UE) 316/2019 Regulamento (UE) n.º 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º 1408/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector agrícola (DOUE L 51, do 22 de febreiro de 2019).
Regulamento (UE) 717/2014 Regulamento (UE) n.º 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector da pesca e da acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño de 2014).
Demáis normativa Demáis normativa de aplicación, según o caso.

Tramitación presencial
Descargar
Tramitación telemática