04/09/2025 20:46:11

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



02.- Domiciliacion Bancaria Pago Tributos Municipais (T-TES-02)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Obxecto Domiciliación bancaria para o pago de tributos municipais (impostos, taxas, etc).
Forma de inicio A instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? Poderá realizar este trámite o titular do tributo.
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica do Concello de Narón


Outras formas de presentación:

Calquera medio dos indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, LPACAP
Unidade tramitadora Tesourería municipal.
Observacións RESUMO DE NORMAS E INSTRUCIÓNS SOBRE DOMICILIACIÓNS DE RECIBOS

1. MANDATO ÚNICO
Deberá utilizarse un único formulario para cada recibo ou elemento tributario a domiciliar.
Autorización de debo directo SEPA
A domiciliación autorizará aos servizos de Recadación deste Concello para ordenar á entidade bancaria o cargo en conta que corresponde a cada período, dentro do prazo de ingreso do recibo ou débeda domiciliada, sendo obrigación do titular da conta dispoñer de saldo suficiente no momento de realizarse o cargo.

2. ACREDITACIÓN DA TITULARIDADE DA CONTA
No caso de que o titular do recibo sexa distinto do titular da conta, deberase de achegar DNI/NIF deste último.

3. DEVOLUCIÓN DE RECIBOS
Como parte dos seus dereitos, o debedor está lexitimado ao reembolso pola súa entidade nos termos e condicións de contrato subscrito coa mesma. A solicitude de reembolso deberá efectuarse dentro das oito (8) semanas que seguen á data do debo en conta.

4. LUGAR, FORMAS E PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA ORDE DE DOMICILIACIÓN BANCARIA.
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica do Concello de Narón

Outras formas de presentación:
Calquera medio dos indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, LPACAP

5. PRAZO DE SOLICITUDE
Para que a solicitude forneza efectos respecto de cada tributo, deberá presentarse cunha antelación mínima de dous meses antes do comezo do período voluntario de cobranza.
As ordes defectuosas, que carezan ou conteñan datos erróneos que sexan imprescindibles para a súa execución, non estean asinadas polo titular da conta ou existan dúbidas sobre a acreditación da titularidade da conta, teranse por non presentadas ata que non se corrixa a deficiencia.

6. INFORMACIÓN ADICIONAL
Esta domiciliación estará vixente para sucesivos vencementos e por tempo indefinido, mentres que vostede non modifique ou cancele a súa petición.
Esta domiciliación deberá ser enviada ao Concello para a súa custodia e comunicada á Entidade Bancaria para que atenda ao recibo á súa presentación.

7. NORMATIVA LEGAL APLICABLE
Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.

Política de protección de datos
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Xestión contable e tributaria
Lexitimación
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas
Copia do DNI/NIF: En el supuesto de que el titular del recibo sea distinto del titular de la cuenta, se deberá de aportar DNI/NIF de este último/No caso de que o titular do recibo sexa distinto do titular da conta, deberase de achegar DNI/NIF deste último Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
RD 939/2005 Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar