09/05/2025 08:00:02

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



05.- Comunicación previa de tala (S-MAM-05)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Obxecto Realizar a comunicación previa de tala, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 6 da Ordenanza reguladora da xestión de biomasa e das actividades forestais no termo municipal de Narón.
Previamente ao inicio dos traballos, o madeireiro deberá presentar no rexistro municipal a comunicación de tala dirixida ao departamento de Medio Ambiente do Concello, cunha antelación mínima de quince días hábiles, co obxecto de que se inspeccionen os viais e accesos aos montes que vaian ser utilizados e se constate a realidade física da vía mediante unha reportaxe fotográfica na que se acreditará o estado preexistente.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? Calquera persoa física ou xurídica que actúe en calidade de madeireiro.
A efectos do cumprimento das obrigas relacionadas coas actividades forestais serán persoas responsables as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de tala, depósito, carga e transporte de madeira dentro do termo municipal. As persoas que realicen talas en parcelas de concellos limítrofes nas que se vaian a usar vías e camiños municipais do Concello de Narón para as actividades de depósito, carga e transporte tamén teñen a consideración de persoas responsables.

¿Como solicitalo? A través da Sede electrónica do Concello de Narón
Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? É unha comunicación que se lle fai ó Concello e este non ten a obriga de resolver, en base ó art. 21.1 da Lei 39/2015 , de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sempre e cando se aporte toda a documentación esixida para a dita transmisión.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo, sempre que se cumprisen con todos os requisitos esixibles e non contraveña a normativa vixente
Recursos posibles En caso de limitarse ou denegar o acceso polos viais solicitados, recurso potestativo de reposición e/ou recurso contencioso-administrativo.
Tributos Depósito de garantías ( só en caso de aproveitamento madeireiro).
Establécense dúas categorías para os efectos da fixación da correspondente garantía, segundo o peso máximo autorizado do vehículo de maior peso que se vaia a utilizar na realización das operacións de depósito, carga e transporte da madeira talada:
Vehículos con peso máximo autorizado inferior a 16 TN: 2.060,18 Euros/ comunicación tala
Vehículos con peso máximo autorizado superior a 16 TN: 4.120,36 Euros/comunicación tala.
As correspondentes garantías deberanse depositar na Tesourería Municipal mediante: fianza en metálico, aval solidario e por tempo indefinido, seguro de caución nos termos previstos para o depósito de aquelas pola normativa reguladora de contratos do sector público.
A devolución das ditas garantías, deberá ser solicitada polos depositarios, requirindo previamente á resolución, informe no que se deixe constancia de que non foron ocasionados estragos nas vías, servizos e infraestruturas públicas municipais.
Prazo máximo de resolución Tres meses
Observacións Observacións:
- No suposto de tratarse dunha tala sen aproveitamento madeireiro, o titular do monte deberá comunicar a tala, indicando en calquera caso o seu motivo (obtención de leña para autoconsumo, enfermidade da especie, situación de perigo para as persoas e bens, etc…), e achegando igualmente a solicitude de autorización, comunicación ou declaración responsable da tala presentado na Consellería competente.
- De calquera xeito, poderase facer unha comunicación de tala para varios montes ou parcelas catastrais, cando os traballos vaian a efectuarse de forma simultánea, debendo constar os datos de cada unha das parcelas nas que se vaia a realizar a tala
En cumprimento do RGPD Autorizo ao tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude co fin expresado na información básica
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación • Execución dun contrato
• Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
• Actuacións a petición do interesado
• Tratamento estatístico dos datos
Destinatarios • Non se cederán datos a terceiros, salvo obriga legal
• Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades
Política de protección de datos
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas
Plano do catastro ou do SIXPAC con identificación do monte afectado, lugar de depósito e viais e utilizar para o transporte da madeira.: Plano do catastro ou do SIXPAC con identificación do monte afectado, lugar de depósito e viais e utilizar para o transporte da madeira. Obrigatorio Ambas
Xustificante da solicitude de autorización, comunicación ou declaración responsable de tala achegado previamente ante a Consellería competente en materia forestal: Xustificante da solicitude de autorización, comunicación ou declaración responsable de tala achegado previamente ante a Consellería competente en materia forestal, segundo modelo oficial e o establecido no Decreto 50/2014, do 10 de abril, ou decreto que a substitúa Obrigatorio Ambas
Xustificante do depósito de garantía (só en caso de aproveitamento madeireiro): Xustificante do depósito de garantía (só en caso de aproveitamento madeireiro) Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 53 Ordenanza reguladora da xestión de biomasa e das actividades forestais no termo municipal de Narón. Ver ordenanza.

Ficheiros anexos
Modelo de aval
Tramitación telemática
Tramitar