21/11/2024 09:40:22

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



05.- Solicitude de Informe por Accidente Trafico (A-POL-05)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Solicitude de informe por accidente de tráfico.

Previamente, o interesado deberá verificar que o accidente figure rexistrado e que este reúne os requisitos establecidos na Ordenanza Fiscal nº 11 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS para a súa emisión, contactando por teléfono ao número 981.381700 ou ao correo electrónico l.pineiro@naron.es.

Se a petición reúne estes requisitos, o xefe da policía emitirá informe favorable á Tesourería Municipal para que esta lle notifique ao peticionario a AUTOLIQUIDACIÓN, e se lle remite un correo ao o mesmo dende a Unidade de Atestados advertíndolle que lle van a notificar a autoliquidación e unha vez abonada deberá presentar a solicitude de informe por accidente de tráfico no modelo que se axunta.

Forma de inicio Solicitude da persoa interesada.
¿Quen o pode solicitar? Persoa física con capacidade de obrar, persoa xurídica ou representante.
¿Como solicitalo? De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada.

Enderezo:
Concello de Narón.
Praza de Galiza s/n.
15570 NARÓN.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.

A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Unidade tramitadora Sección de Atestados da Policía Local.
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía do Concello de Narón.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, con sede en Ferrol, no prazo de dous meses a partir do día seguinte da notificación.

No caso de presentar recurso de reposición, non poderá interpoñer o contencioso-administrativo, ata que se resolva expresamente o de reposición ou se produza a desestimación presunta polo transcurso do devandito mes sen terlle notificado a dita resolución expresa.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno.


Tributos 4º apartado da Ordenanza Fiscal nº 11 por expedición de documentos administrativos, artigo 16.

Importe taxa municipal ano 2017: 101,80¤.
Prazo máximo de resolución 3 meses.
Observacións Deberá presentarse o xustificante de ter aboada a autoliquidación da taxa xunto coa solicitude de informe por accidente de tráfico.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Solicitude.: 1. Solicitude. Obrigatorio Ambas
2. Xustificante de ter aboado a taxa municipal.: 2. Xustificante de ter aboado a taxa municipal. Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
OR XER 15 Ordenanza Fiscal Nº 11 Reguladora da Taxa Pola expedición de documentos administrativos Ver ordenanza.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude