21/11/2024 09:33:21

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01.- Expedición ou renovación de licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos (S-MAM-01)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Obtención da licenza administrativa para tenza dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? A persoa, maior de idade, propietaria do can, e dado que a licenza é persoal e intransferible, calquera persoa que desexe conducir/levar o can pola vía pública terá que tramitar a correspondente licenza. En concreto, as persoas que desexen conducir/levar pola vía pública cans que foran adestrados para a garda e defensa e os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, bull terrier, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu; así como os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
¿Como solicitalo? No concello onde resida a/o propietaria/o do can.

De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:

Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Prazo de presentación Todo o ano. Deberá iniciar os trámites no momento da adquisición do animal, ou cando desexe renovar a dita licenza. A licenza ten un período de vixencia de 5 anos.
Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? Concellería Delegada de Medio ambiente e Sanidade.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo. Non obstante, a licenza perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo 3.1 do Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
Observacións - A licenza é persoal e intransferible, é dicir, é única para a persoa propietaria do can ou que o conduza pola vía pública. Polo tanto, se pasean o can máis dunha persoa deberán tramitar a licenza por separado cada un deles.

- A licenza deberá ser renovada cada cinco anos e perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos, coma por exemplo, non renovar anualmente o recibo do seguro.

Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:

1) Con bozo axeitado e homologado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
2) Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
3) Non pode levar máis de un can potencialmente perigoso ao mesmo tempo.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
1. Fotocopia do DNI do solicitante.: 1. Fotocopia do DNI do solicitante. Obrigatorio Ambas
2. Certificado de non ter antecedentes penais (ou fotocopia compulsada), con obxecto de acreditar que non foi condenado por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a libertade ou contra a integridade moral, a libertade sexual e a saúde públi: 2. Certificado de non ter antecedentes penais (ou fotocopia compulsada), con obxecto de acreditar que non foi condenado por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a libertade ou contra a integridade moral, a libertade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. Observacións: este certificado ademáis de poder ser solicitado polos medios telemáticos e presenciais na sede do Ministerio de Xustiza, pode ser solicitado presencialmente no propio Concello. Obrigatorio Ambas
3. Certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente (ou fotocopia compulsada) conforme non foi sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999: 3. Certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente (ou fotocopia compulsada) conforme non foi sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos. Observacións: este certificado ademáis de poder ser solicitado polos medios telemáticos e presenciais na sede da Xunta de Galicia, pode ser solicitado presencialmente no propio Concello. Obrigatorio Ambas
4. Certificado de aptitude psicolóxica do propietario (ou fotocopia compulsada), emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados, segundo o especificado no RD 287/2002, do 22 de marzo.: 4. Certificado de aptitude psicolóxica do propietario (ou fotocopia compulsada), emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados, segundo o especificado no RD 287/2002, do 22 de marzo. Obrigatorio Ambas
5. Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil, onde se especifique claramente unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de copia cotexada: 5. Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil, onde se especifique claramente unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de copia cotexada ou compulsada da póliza de seguros ou ben mediante certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente, e fotocopia do recibo de pagamento. Obrigatorio Ambas
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas
7. Xustificante de pagamento da taxa municipal: Xustificante de pagamento da taxa municipal Obrigatorio Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 50/1999 Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 307 do 24 de decembro de 1999).
RD 287/2002 Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos (BOE núm. 74 do 27 de marzo de 2002).
Decreto 90/2002 Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos (DOGA núm. 63 do 02 de abril de 2002).
Lei 4/2017 Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia (DOGA núm. 194, do 11 de outubro de 2017). Ver disposición.
OR XER PPP Ordenanza municipal do Concello de Narón sobre a protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos (BOP núm. 208, do 31 de outubro de 2018). Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática