21/11/2024 09:43:25

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01A.-Declaración responsable de actividades recreativas e espectáculos públicos sen obras previas(S-URB-01-1)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Obxecto Documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade recollida no Catálogo de actividades recreativas e espectáculos públicos que non precise de licenza según o establecido no art. 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia,así como o establecido na Ordenanza reguladora do procedemento de intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades e servizos no termo municipal de Narón
Forma de inicio Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar? Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo? De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá? A Alcaldía da a súa conformidade á instalación en base ós informes técnicos e xurídicos.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo, sempre que cumpra con tódolos requisitos esixidos, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou norma de dereito comunitario establezan o contrario. En ningún caso entenderanse adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o plan vixente.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición ou alternativamente o contencioso-administrativo.
Tributos Ordenanza fiscal núm. 12 reguladora da taxa por licenza de apertura e verificación de establecementos e Ordenanza fiscal núm 11 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
Prazo máximo de resolución 3 meses.
Prazo máximo para a inspeción e notificación de conformidade 3 meses.
Observacións Actividades clasificadas no Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 292/2004, do 18 de novembro, modificado polo Decreto 160/2005, do 2 de xuño, e que non precisen de licenza municipal segundo o establecido no artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia; é dicir, aquelas NON comprendidas nos seguintes supostos:

a) A apertura de establecemento abertos ao público cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento aberto ao público.
c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable.
d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que deban dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable
e) A celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.
Política de protección de datos
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter obrigatorio
Lexitimación
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable tanto a petición do intresado como por actuación de oficio
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude: Solicitude Obrigatorio Ambas
Memoria subscrita por técnico/a competente que acredite que a actividade cumpre a normativa aplicable, ou proxecto técnico.: Memoria subscrita por técnico/a competente que acredite que a actividade cumpre a normativa aplicable, ou proxecto técnico. Obrigatorio Ambas
Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa de aplicación, e recibo de pago das primas correspondentes ao período de seguro en curso ou copia dos mesmos.: Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa de aplicación, e recibo de pago das primas correspondentes ao período de seguro en curso ou copia dos mesmos. Obrigatorio Ambas
Xustificante de pagamento dos tributos municipais.: Xustificante de pagamento dos tributos municipais. Obrigatorio Ambas
No caso de que o proxecto non precise de visado colexial, deberase acreditar a competencia e habilitación do técnico/a asinante da documentación.: No caso de que o proxecto non precise de visado colexial, deberase acreditar a competencia e habilitación do técnico/a asinante da documentación. Opcional Ambas
As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos.: As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos. Opcional Ambas
Acreditación da representación.: Acreditación da representación. Opcional Ambas
Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.: Documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo asinado polo interesado da designación da persoa física ou xurídica que vai asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou activ: Documento acreditativo asinado polo interesado da designación da persoa física ou xurídica que vai asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos exixibles. Obrigatorio Ambas
No seu caso, a autorización, informe ou declaración ambiental que proceda.: No seu caso, a autorización, informe ou declaración ambiental que proceda. Opcional Ambas
No seu caso, o certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal.: No seu caso, o certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal. Opcional Ambas
Cando proceda, certificado ou informe acústico.: Cando proceda, certificado ou informe acústico. Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Decreto de 17/06/1955 Decreto de 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais.
RD 2816/1982 Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto., polo que se aproba o Regulamento xeral de policía, de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Lei 7/85 Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
Lei 12/2012 Lei 12/2012, de 26 de novembro, de medidas urxentes de liberalización do comercio e de determinados servizos.
Lei 9/2013 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.
Decreto 144/2016 Decreto 144/2016, do 22 de setembro polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos. Ver disposición.
Lei 10/2017 Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectaculos públicos e actividades recreativas de Galicia
Lei 2/2016 Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Decreto 143/2016 Decreto 143/2016, do 22 de setembro polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Ver disposición.
Decreto 292/2004 Decreto 292/2004, de 18 de novembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 160/2005, de 2 de xuño.
Lei 7/2011 Lei 7/2011, de 27 de outubro, do turismo de Galicia.
PL PXOM Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Narón e posteriores modificacións puntuais. Ver disposición.
OR XER 52 Ordenanza reguladora do procedemento de intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades e servizos no termo municipal de Narón Ver disposición.
OR XER 01 Ordenanza de administración electrónica do Concello de Narón. Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar