21/11/2024 09:31:35

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN NO SUBMINISTRO DE AUGA, SANEAMENTO E NA TAXA POLA RECOLLIDA DE RSU (LIXO) (I-ING-02)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Nivel de modernización 4. Tramitación electrónica

Información
Obxecto Solicitude de bonificación no subministro de auga, saneamento e na taxa pola recollida de rsu (lixo)
Forma de inicio A instancia de parte
¿Quen o pode solicitar? A persoa propietaria do inmoble ou o pagador do contrato (inquilino, usufrutuario, precarista …)
¿Como solicitalo? - De xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Narón
- Na sede electrónica municipal
- A través de calquera outro medio contemplado no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC
Prazo de presentación Do 1 ao 20 de setembro de cada ano, producindo os seus efectos a partires do 1 de xaneiro do exercicio seguinte
Unidade tramitadora Xestión de Ingresos
¿Órgano que o resolverá? Concellería Delegada de Facenda e Novas Tecnoloxías
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo
Recursos posibles Contra a Resolución de concesión/denegación do beneficio fiscal poderanse interpoñer os seguintes recursos:
Recurso de Reposición. Con carácter previo e potestativo o recurso de reposición previsto no art. 14 do RDL 2/2004 ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da recepción da notificación
Prazo máximo de resolución 6 meses que se contarán dende a data en que o documento de solicitude tivese entrada no rexistro xeral do Concello. Cando se produza a paralización do procedemento, por causa imputable ao interesado, a administración municipal advertiralle de que transcorridos 3 meses poderá declarar a caducidade do mesmo.
Observacións TIPOS DE BONIFICACIÓN
1.- Bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:
- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
-As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 125% do IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
-As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

2.- Bonificarase nun 50 por 100 sobre a tarifa prevista:
-As unidades familiares de 1-2 membros con capacidade económica comprendida entre o 100% e o 110% do IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
-As unidades familiares de 3-4 membros con capacidade económica superior ao 125% do IPREM e que non supere o 135% do IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
-As unidades familiares superiores a 4 membros con capacidade económica superior ao 150% do IPREM e que non superen o 160% IPREM, unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

REQUISITOS
Poderá ser persoa beneficiaria desta bonificación aquela que reúna os requisitos establecidos nas ordenanzas reguladoras, en síntese:
- Estar empadroada e ter a súa residencia efectiva no Concello de Narón. O DOMICILIO FISCAL deberá coincidir có domicilio de empadroamento da UNIDADE FAMILIAR
- Dispoñer dos recursos económicos máximos contidos no baremo establecido mediante a presentación da última declaración da renda, ou cal esqueira outro documento que sinale a situación económica das persoas maiores de idade que formen parte de unidade familiar empadroada na vivenda.
- Non ter débedas tributarias e/ou non tributarias coa Facenda Municipal.
INFORMACIÓN DE INTERESE
Unha vez concedido o beneficio fiscal non será preciso reiterar a solicitude para a súa aplicación en períodos futuros, salvo que se modifiquen as circunstancias que xustificaron a súa concesión ou a normativa aplicable.
Os obrigados tributarios deberán comunicar ao órgano que recoñeceu a procedencia do beneficio fiscal calquera modificación relevante das condicións ou requisitos esixibles para a súa aplicación. O devandito órgano poderá declarar, previa audiencia do obrigado tributario por un prazo de 10 días contados a partir do día seguinte ao da notificación da apertura do devandito prazo, se procede ou non a continuación da aplicación do beneficio fiscal. De igual forma procederase cando a Administración tributaria coñeza por calquera medio a modificación das condicións ou os requisitos para a aplicación do beneficio fiscal.
O incumprimento dos requisitos esixidos para a aplicación do beneficio fiscal determinará a perda do dereito á súa aplicación desde o momento que estableza a normativa específica ou, na súa falta, desde que devandito incumprimento prodúzase, sen necesidade de declaración administrativa previa.
Política de protección de datos
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Xestión contable e tributaria
Lexitimación
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude para presentación manual: Solicitude para presentación manual Obrigatorio Ambas
DOCUMENTO DE IDENTIFICACIÓN : DOCUMENTO DE IDENTIFICACIÓN FISCAL DA PERSOA SOLICITANTE (DNI, PASAPORTE, TARXETA ...) Obrigatorio Ambas
contrato: COPIA DO CONTRATO DE ALUGUER, OU DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DA CESIÓN DO DEREITO DO USO DA VIVENDA (NO CASO DE QUE O PAGADOR NON SEXA A PERSOA TITULAR DO CONTRATO/ PROPIETARIA DO INMOBLE) Obrigatorio Ambas
Autorización propietario (anexo I): DOCUMENTO DE CONFORMIDADE ASINADO POLA PERSOA PROPIETARIA DA VIVENDA (NO CASO DE NON COINCIDIR COA SOLICITANTE) (Anexo I) Opcional Ambas
Anexo II: ANEXO DAS PERSOAS MAIORES DE IDADE EMPADROADAS NA VIVENDA (Anexo II) Obrigatorio Ambas
Declaración renda: ÚLTIMA DECLARACIÓN DA RENDA PRESENTADA NA AEAT OU CERTIFICADO DA AEAT DE NON TER PRESENTADA DECLARACIÓN DO IRPF NO ANO DA SOLICITUDE (DE CADA PERSOA MAIOR DE IDADE QUE CONVIVA NA VIVENDA) Obrigatorio Ambas
Certificado desemprego: CERTIFICADO DE PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO EXPEDIDO POLO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO ESTATAL (SEPE) DE CADA PERSOA MAIOR DE IDADE QUE CONVIVE NA VIVENDA Opcional Ambas
Certificado Risga: CERTIFICADO DE PERCEPCIÓNS DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA) DE CADA PERSOA MAIOR DE IDADE QUE CONVIVE NA VIVENDA Opcional Ambas
Certificado prestacións: CERTIFICADO DAS PRESTACIÓNS QUE FIGURAN NO REXISTRO DE PRESTACIÓNS SOCIAIS PÚBLICAS, INCAPACIDADE TEMPORAL, MATERNIDADE E PATERNIDADE (INSS) DE CADA PERSOA MAIOR DE IDADE QUE CONVIVE NA VIVENDA Opcional Ambas
xustificantes de pago: De ser o caso, xustificante da pagamento, dos últimos 3 meses, de gastos de aluguer ou hipoteca Opcional Ambas

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática
Normativa
RDL 2/2004 Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Facendas Locais.
Lei 39/2015 Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico común das administración públicas.
Lei 58/2003 Lei 58/2003, do 17 de decembro Xeral Tributaria.
OR FIS 01 Ordenanza fiscal nº 1 do Concello de Narón: xeral de xestión, recadación e inspección Ver disposición.
OR FIS 10 Ordenanza fiscal nº 10 Ver disposición.
OR FIS 38 Ordenanza fiscal nº38 Ver disposición.

Tramitación presencial
Instancia de solicitude
Tramitación telemática
Tramitar