14/12/2024 19:32:01

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Preguntas Frecuentes



Preguntas frecuentes



NOTA DE SEGURIDADE: A Sede Electrónica do Concello de Narón emprega un certificado de servidor seguro que garante a confidencialidade e autenticidade dos datos e contidos que se proporcionan. É posible que ao acceder a ela apareza algunha das seguintes alertas de seguridade:

  • Aviso de seguridade Internet Explorer (abrirase nunha nova ventá)
  • Aviso de seguridade Firefox (abrirase nunha nova ventá)
  • Aviso de seguridade Google Chrome (abrirase nunha nova ventá)

Se recibe algunha destas alertas de seguridade, acceda ás seguintes Instrucións de configuración.



REQUISITOS AUTOFIRMA: : É obrigatorio que AutoFirma sexa instalado antes de iniciar o trámite web no que se usará para executar as operacións de firma

Sistemas operativos

  • Microsoft Windows 7, 8, 8.1 e 10 En 32 ou 64 bits
  • Apple OS X 10.11 ou superior Soportado directamente en 10.11 e 10.11.1
  • Linux Ubuntu
Navegadores Web
  • Microsoft Windows: Google Chrome 46 ou superiorMozilla Firefox 41.0.1 ou superiorMicrosoft Internet Explorer 8Microsoft Edge v20
  • Apple OS X: Apple Safari 9.0 ou superior
  • Linux: Mozilla Firefox 41.0.1 ou superior
A aplicación "Cliente @firma móbil" está dispoñible para plataformas con sistema operativo Android e, para plataformas IOS. A súa descarga é gratuíta desde Google Play ou o App Store de Apple respectivamente

Acceso Google play
Acceso App Store



Preguntas frecuentes

Que é un certificado de usuario?

É un conxunto de datos de:

  1. Identificación do titular do certificado
  2. Distintivos do certificado: número de serie, entidade que o emitiu, data de emisión, data de caducidade, etc
  3. Unha parella de claves: pública e privada
  4. A firma electrónica da autoridade de certificación que o emitiu

Estes datos agrúpanse en:

  1. Parte privada: Clave privada
  2. Parte pública: Resto de datos do certificado, incluída a firma electrónica da autoridade de certificación que o emitiu

A parte privada nunca é cedida polo seu propietario/a. Esta é a base da seguridade

Características: coa parella de claves pódense realizar funcións de cifrado coa peculiaridade de que o que se cifra coa privada só se pode verificar coa pública e viceversa. Os certificados de usuario/a que se utilizan nos servizos que lle ofrece Sede electrónica axústanse á versión 3 da recomendación X.509 do ITU-T (International Telecommunications Union - Telecommunication)

Os certificados son documentos dixitais, emitidos por un prestador de servizos de certificación, que dan fe da vinculación entre unha clave pública e unha persoa física ou xurídica. Son coma un DNI electrónico que garanten en Internet a identidade das persoas físicas ou xurídicas

Para que serve un certificado de usuario?

Os servizos que presta Sede electrónica serven para:

  1. Permite a identificación de usuarios ante servizos telemáticos
  2. Permite asinar e cifrar mensaxes de correo electrónico seguro
  3. Permite a firma electrónica de documentos. O receptor dun documento firmado pode ter a seguridade de que este é o orixinal e non foi manipulado
  4. Permite cifrar as comunicacións. Soamente o destinatario da información poderá ver o seu contido da mesma
  5. O autor dunha firma electrónica usando certificados dixitais non poderá negar a autoría desta firma
Como se pode obter un certificado dixital de usuario?

Debe conectarse á páxina web de CERES (http://www.cert.fnmt.es/) e pulsar o enlace "OBTEÑA O CERTIFICADO DE USUARIO". Alí atopará toda a información para obter o certificado dixital. Trátase dun proceso dividido en tres fases: solicitude vía internet do certificado, acreditación da identidade nunha oficina de rexistro, descarga do certificado dixital

Que é conveniente facer co certificado de usuario?

É altamente recomendable que o usuario realice unha copia de seguridade en disco do seu certificado e a súa correspondente clave privada seguindo as instrucións correspondentes ao navegador utilizado

Como importar un certificado en Internet Explorer 6 ou posterior?

Para importar certificados persoais no seu navegador Internet Explorer v6 ou superior deberá realizar os seguintes pasos:

  1. Acceder ao menú "Ferramentas, Opcións de Internet", e unha vez alí seleccionar a pestana "Contido". No apartado de certificados pulsar o botón de "Certificados" e seleccionar a xanela "Persoal"
  2. A continuación pulsar o botón "Importar". Aparecerá un asistente que o/a guiará durante toda a importación do certificado. Pulsar o botón "Seguinte" e introducir no cadro de diálogo o nome do ficheiro que ten o certificado que desexa importar. Pulse "Seguinte"
  3. Na seguinte xanela se o desexa introduza un contrasinal, introdúzao e marque a casa "Marcar a clave privada como exportable" para que poida volver exportar o certificado coa súa clave privada e pulse "Seguinte"
  4. A continuación deixe a opción por defecto e pulsar "Seguinte"
  5. Na seguinte xanela mostrarase un cadro coas propiedades do certificado importado, pulse "Aceptar". Por último aparecerá un cadro informándoo/a de que o certificado foi importado correctamente
Podo ter máis dun certificado?

Non hai ningún problema para ter máis dun certificado no seu computador; no momento oportuno preguntaráselle cal dos certificados é o que quere utilizar

Podo protexer o meu certificado no navegador?

Si, pode protexer o seu certificado de dúas formas. A primeira consiste en almacenar o certificado nunha tarxeta criptográfica (o certificado do DNI electrónico estará almacenado nunha). A outra posibilidade consiste en almacenar o certificado no navegador protexido por un contrasinal especificándoo durante a súa instalación

Podo utilizar o meu certificado instalado noutro ordenador?

Si, no caso de ter o certificado almacenado nunha tarxeta criptográfica é suficiente con inserir a tarxeta no outro ordenador. Se o certificado está almacenado no navegador, é necesario exportar o certificado a un ficheiro e posteriormente importar o certificado no navegador do novo computador

Cando caduca un certificado de usuario?

O certificado dixital ten un período de vixencia que consta no mesmo certificado. Pode comprobar a vixencia no menú de consulta de propiedades de certificado do seu navegador

Tamén pode facelo dirixíndose a CERES. Unha vez que o certificado caducase vostede non poderá utilizar os servizos ofrecidos por esta Administración que requiran firma electrónica

Como se renova un certificado de usuario?

O certificado dixital obtido en CERES debe renovarse nos dous meses anteriores á súa data de caducidade. A renovación prorroga a vixencia durante dous anos máis. Todo o procedemento pode realizarse en liña na web da CERES

Como se revoga un certificado de usuario?

A revogación dun certificado dixital é a anulación da súa vixencia antes da data de caducidade especificada nel

A revogación pode solicitarse en calquera momento, especialmente cando o titular crea que o certificado pode ser copiado

A revogación poderá facerse efectiva sempre que a vixencia do certificado non finalizase

Se o titular dispón do certificado, o trámite de revogación poderá facerse en liña na web de CERES. Se por extravío, roubo ou por outras causas o titular non dispón do certificado, deberá acudirse a unha oficina de rexistro para acreditar a súa identidade e asinar o modelo de solicitude de revogación

Que é unha firma electrónica?

Unha firma electrónica é un resumo cifrado dunha mensaxe

  1. O resumo obtense aplicando un algoritmo a unha mensaxe. Este algoritmo ten dúas características fundamentais:

    1. Non existe a posibilidade de volver obter a mensaxe partindo do resumo xerado
    2. Se se cambia a mensaxe o resumo que se obtén é diferente

    Estas dúas características garanten a integridade da mensaxe. Se se cambia o contido da mensaxe, o que verifica a firma vaino saber

  2. O resumo cífrase coa clave privada do certificado da persoa que asina. Aplicando os mecanismos de verificación, o receptor vai coñecer quen asinou e esa persoa non pode repudiar a autoría da mensaxe

Que é unha firma electrónica avanzada?

É a firma electrónica que permite identificar ao asinante e detectar calquera cambio ulterior dos datos asinados, que está vinculada ao asinante de maneira única e aos datos a que se refire e que foi creada por medios que o asinante pode utilizar, cun alto nivel de confianza, baixo o seu exclusivo control (Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, título I, artigo 3, punto 2)

Debe estar baseada nun certificado recoñecido e xerada mediante un dispositivo seguro de creación de firma. (Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, título I, artigo 3, punto 3)

Son certificados recoñecidos os certificados electrónicos expedidos por un prestador de servizos de certificación que cumpra os requisitos establecidos nesta lei en canto á comprobación da identidade e demais circunstancias dos solicitantes e á fiabilidade e as garantías dos servizos de certificación que presten. (Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, título II, capítulo II, artigo 11, punto 1)

Cales son os efectos xurídicos da firma electrónica avanzada?

Terá respecto dos datos consignados en forma electrónica o mesmo valor que a firma manuscrita en relación cos consignados en papel. (Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, título I, artigo 3, punto 4)

O soporte en que se achen os datos asinados electronicamente será admisible como proba documental en xuízo. (Lei 59/2003, do 19 de decembro, de firma electrónica, título I, artigo 3, punto 8)

Que vantaxes ofrece a firma electrónica?

A firma electrónica permite garantir a identidade da persoa que realiza unha xestión, así como a integridade do contido das mensaxes que envía. Por este motivo, os usuarios que dispoñan de firma electrónica poden consultar datos de carácter persoal, realizar trámites ou outras xestións ou acceder a diferentes servizos. Coa firma electrónica e desde esta web, vostede pode realizar trámites e xestións ante o Concello e obter unha resposta inmediata sen necesidade de desprazamentos nin entrega de documentación en papel

Como funciona unha firma electrónica?

Para poder utilizar a firma electrónica é necesario obter previamente un certificado dixital. O funcionamento da firma electrónica baséase nun par de números (a clave privada e a clave pública) cunha relación matemática entre eles

Estes números ou claves xéranse a partir dun navegador de internet e do certificado dixital emitido pola entidade certificadora. A clave privada almacénase nun dispositivo de uso privado: unha tarxeta criptográfica ou normalmente o disco duro dun computador. A clave pública, en cambio, distribúese xunto coa mensaxe asinada, ficheiro etc. Sobre a firma electrónica recibida, o receptor aplicará a clave pública do emisor co fin de descifrala. O resultado será unha pegada que debe coincidir coa pegada da mensaxe. Se isto se produce, hai garantía de que a mensaxe non foi modificada e de que foi emitida polo titular da firma

Como se xera unha firma electrónica?

Nos servizos que presta Sede electrónica con firma electrónica, esta xérase por programas que ten o navegador da persoa cliente. Estes programas son os únicos que acceden á clave privada do certificado e o acceso ten lugar só cando a persoa asinante selecciona o certificado e autoriza a firma

Para activar os programas de xeración de firmas descárgase un applet e varias librarías do servidor de Sede electrónica que seleccionan os datos a que se van asinar e invócanos

Para que Sede electrónica poida verificar a firma, os programas anteriores envían:

  1. Todos os datos da declaración

  2. A firma electrónica

  3. A parte pública do certificado de usuario do que asinou a declaración

Como se verifica unha firma electrónica?

Os datos que interveñen no proceso de verificación de firma son:

  1. Mensaxe cos datos que se asinaron

  2. Firma electrónica

  3. Parte pública do certificado asinante

E as verificacións:

  1. Comprobar que o certificado asinante non foi manipulado

    Para verificar a autenticidade do certificado asinante:

    1. Obtense un resumo dos datos do certificado C cun algoritmo (MD5 - SHA1)

    2. Descífrase a firma que realizou a autoridade de certificación cando concedeu o certificado coa súa clave pública

    3. Se o resultado de 1) e 2) é o mesmo, tense a certeza de que o certificado de usuario non foi manipulado e a clave pública do signatario da mensaxe é a que se xerou na petición do certificado

  2. Comprobar a autenticidade da firma

    1. Obtense un resumo da mensaxe A cun algoritmo (MD5 - SHA1)

    2. Descífrase a firma B coa clave pública do signatario validada no proceso 1

    3. Se o resultado dos dous pasos anteriores é idéntico a firma é auténtica

É o mesmo asinar unha mensaxe que cifrala?

Non é o mesmo, xa que a firma electrónica garante a integridade, autenticación e non repudio, pero non a confidencialidade. O cifrado garante a confidencialidade, isto é, a mensaxe só pode ser lida polo destinatario ao que vai dirixida

Como se consegue a confidencialidade?

Para garantir, que nunha rede aberta coma internet, ninguén poida coñecer o que se transmiten dous comunicantes, as mensaxes que se intercambian envíanse cifradas. O protocolo que se utiliza nas transmisións seguras con Sede electrónica é o SSL-3 (Secure Sockets Layer)

Este protocolo está instalado de forma nativa en todos os navegadores modernos

Para cifrar as comunicacións utilízase unha clave simétrica. Esta clave xérase para cada sesión no navegador da persoa usuaria e envíase cifrada (utilizando o Software do protocolo SSL) coa clave pública do Servidor de Sede electrónica. Desta maneira só a persoa usuaria e Sede electrónica poden ler as mensaxes intercambiadas

O rexistro telemático substitúe ao Rexistro xeral?

Non, o rexistro telemático é un rexistro auxiliar do rexistro xeral pero unicamente habilitado para a recepción e remisión das solicitudes, escritos e comunicacións relacionados con determinados trámites e procedementos. Estes procedementos serán publicados en lugar visible na páxina de inicio do rexistro telemático. En calquera caso, sempre poderá facer uso de calquera portelo do rexistro xeral para estes trámites

En que se diferencia o rexistro telemático dos rexistros administrativos tradicionais?

En, polo menos, dous sentidos:

  1. Como vantaxes: A presentación de escritos poderá realizarse nos rexistros telemáticos todos os días do ano, durante as 24 horas

  2. Por contraposición, réxense polo principio de especialidade, que se concreta en:

    - Só poden recibir documentos que sexan de competencia do órgano que creou o rexistro (Consellería de Economía e Facenda)

    - Só poden recibir os documentos que se relacionan na súa norma de creación

Tampouco realizan funcións de expedición de copias seladas ou compulsadas dos documentos que, se é o caso, se transmitan xunto coa solicitude, escrito ou comunicación

É obrigatorio utilizar o rexistro telemático?

Excepto nos supostos establecidos legalmente, en ningún caso terá carácter forzoso a correspondente presentación de solicitudes, por medio do rexistro telemático. A súa utilización non implicará ningún trato discriminatorio na tramitación e resolución dos procedementos

Que garantía me ofrece a presentación de documentos no rexistro telemático?

O Rexistro telemático emitirá, por medios electrónicos, un recibo de presentación no que consta o número ou código de rexistro individualizado, a data e hora de presentación e, se é o caso, o órgano destinatario e o contido íntegro, ou un extracto del, todo iso acompañado da pegada dixital do mencionado Rexistro telemático, a modo de firma do documento

Ademais, a mensaxe de confirmación, que se configurará de forma que poida ser impresa ou arquivada informaticamente pola persoa interesada e garanta a identidade do rexistro, terá o valor de xustificante ou recibo de presentación

Que ocorre se non recibo mensaxe de confirmación do rexistro telemático?

Naqueles casos nos que se detecten anomalías de tipo técnico na transmisión telemática do documento, esta circunstancia porase en coñecemento da persoa presentadora polo propio sistema, mediante as correspondentes mensaxes de erro, para que proceda á emenda

A persoa usuaria deberá ser advertida de que a non recepción da mensaxe de confirmación ou, se é o caso, a recepción dunha mensaxe de indicación de erro ou deficiencia da transmisión implica que non se produciu a recepción, debendo realizarse a presentación noutro momento ou utilizando outros medios

O rexistro telemático modifica o cómputo xeral dos prazos?

Non, os prazos seguen sendo os previstos na normativa específica de cada procedemento. Só serán considerados inhábiles os días así declarados para todo o territorio nacional e no ámbito da Comunidade Autónoma no calendario anual de días inhábiles

Podo presentar un rexistro telemático nun día inhábil?

A presentación de solicitudes poderá realizarse durante as 24 horas de todos os días do ano. En caso de coincidir cun día inhábil, a entrada no rexistro nestes casos será á hora de apertura do dito rexistro do seguinte día hábil

O Rexistro telemático, para consignar a data e hora que permita acreditar o momento exacto na que a comunicación se produce e que, á súa vez, permita evitar o rexeitamento desta comunicación pola persoa remitente ou pola persoa destinataria, rexerase pola data e hora oficial española

Poderá ser interrompido o rexistro telemático?

Só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo poderá interromperse polo tempo imprescindible a recepción de solicitudes

A interrupción deberá anunciarse ás persoas potenciais usuarias do Rexistro telemático coa antelación que, se é o caso, resulte posible. En supostos de interrupción non planificada no funcionamento do Rexistro, e sempre que sexa posible, a persoa usuaria visualizará unha mensaxe en que se comunique tal circunstancia

Que é a representación?
  1. [gl] Los interesados con capacidad de obrar podrán actuar por medio de representante, entendiéndose con éste las actuaciones administrativas, salvo manifestación expresa en contra del interesado.

  2. [gl] Las personas físicas con capacidad de obrar y las personas jurídicas, siempre que ello esté previsto en sus Estatutos, podrán actuar en representación de otras ante las Administraciones Públicas.

  3. [gl] Deberá acreditarse la representación para:

    - [gl] formular solicitudes,

    - [gl] presentar declaraciones responsables o comunicaciones,

    - [gl] interponer recursos,

    - [gl] desistir de acciones y

    - [gl] renunciar a derechos en nombre de otra persona

[gl] Para los actos y gestiones de mero trámite se presumirá aquella representación.

  1. [gl] La representación podrá acreditarse mediante cualquier medio válido en Derecho que deje constancia fidedigna de su existencia. A estos efectos, se entenderá acreditada la representación realizada mediante:

    º [gl] apoderamiento apud acta efectuado por comparecencia personal o comparecencia electrónica en la correspondiente sede electrónica, ( 5. El apoderamiento «apud acta» se otorgará mediante comparecencia electrónica en la correspondiente sede electrónica haciendo uso de los sistemas de firma electrónica previstos en esta Ley, o bien mediante comparecencia personal en las oficinas de asistencia en materia de registros.) o

    - [gl] a través de la acreditación de su inscripción en el registro electrónico de apoderamientos de la Administración Pública competente. Sede Punto Acceso General - Registro Electrónico de Apoderamientos (REA) (administracion.gob.es) (La Administración General del Estado, las Comunidades Autónomas y las Entidades Locales dispondrán de un registro electrónico general de apoderamientos, en el que deberán inscribirse, al menos, los de carácter general otorgados apud acta, presencial o electrónicamente, por quien ostente la condición de interesado en un procedimiento administrativo a favor de representante, para actuar en su nombre ante las Administraciones Públicas. También deberá constar el bastanteo realizado del poder. En el ámbito estatal, este registro será el Registro Electrónico de Apoderamientos de la Administración General del Estado. Los registros generales de apoderamientos no impedirán la existencia de registros particulares en cada Organismo donde se inscriban los poderes otorgados para realización de trámites específicos en el mismo. Cada Organismo podrá disponer de su propio registro electrónico de apoderamientos. 2. Los registros electrónicos generales y particulares de apoderamientos pertenecientes a todas y cada una de las Administraciones, deberán ser plenamente interoperables entre sí, de modo que se garantice su interconexión, compatibilidad informática, así como la transmisión telemática de las solicitudes, escritos y comunicaciones que se incorporen a los mismos. Los registros electrónicos generales y particulares de apoderamientos permitirán comprobar válidamente la representación de quienes actúen ante las Administraciones Públicas en nombre de un tercero, mediante la consulta a otros registros administrativos similares, al registro mercantil, de la propiedad, y a los protocolos notariales. Los registros mercantiles, de la propiedad, y de los protocolos notariales serán interoperables con los registros electrónicos generales y particulares de apoderamientos.

    - [gl] Aportación de poder

    - [gl] Identificación mediante certificado de electrónico de representación, emitido por entidad de certificación autorizada.

    - [gl] Las Administraciones Públicas podrán habilitar con carácter general o específico a personas físicas o jurídicas autorizadas para la realización de determinadas transacciones electrónicas en representación de los interesados. Dicha habilitación deberá especificar las condiciones y obligaciones a las que se comprometen los que así adquieran la condición de representantes, y determinará la presunción de validez de la representación salvo que la normativa de aplicación prevea otra cosa. Las Administraciones Públicas podrán requerir, en cualquier momento, la acreditación de dicha representación. No obstante, siempre podrá comparecer el interesado por sí mismo en el procedimiento.

  2. [gl] El órgano competente para la tramitación del procedimiento deberá incorporar al expediente administrativo acreditación de la condición de representante y de los poderes que tiene reconocidos en dicho momento. El documento electrónico que acredite el resultado de la consulta al registro electrónico de apoderamientos correspondiente tendrá la condición de acreditación a estos efectos.

  3. [gl] La falta o insuficiente acreditación de la representación no impedirá que se tenga por realizado el acto de que se trate, siempre que se aporte aquélla o se subsane el defecto dentro del plazo de diez días que deberá conceder al efecto el órgano administrativo, o de un plazo superior cuando las circunstancias del caso así lo requieran.

[gl] Los asientos que se realicen en los registros electrónicos generales y particulares de apoderamientos deberán contener, al menos, la siguiente información:

  1. [gl] Nombre y apellidos o la denominación o razón social, documento nacional de identidad, número de identificación fiscal o documento equivalente del poderdante.
  2. [gl] Nombre y apellidos o la denominación o razón social, documento nacional de identidad, número de identificación fiscal o documento equivalente del apoderado.
  3. [gl] Fecha de inscripción.
  4. [gl] Período de tiempo por el cual se otorga el poder.
  5. [gl] Tipo de poder según las facultades que otorgue.

[gl] Los poderes que se inscriban en los registros electrónicos generales y particulares de apoderamientos deberán corresponder a alguna de las siguientes tipologías:

  1. [gl] Un poder general para que el apoderado pueda actuar en nombre del poderdante en cualquier actuación administrativa y ante cualquier Administración.
  2. [gl] Un poder para que el apoderado pueda actuar en nombre del poderdante en cualquier actuación administrativa ante una Administración u Organismo concreto.
  3. [gl] Un poder para que el apoderado pueda actuar en nombre del poderdante únicamente para la realización de determinados trámites especificados en el poder. (Párrafo anulado) Cada Comunidad Autónoma aprobará los modelos de poderes inscribibles en el registro cuando se circunscriba a actuaciones ante su respectiva Administración

[gl] Los poderes inscritos en el registro tendrán una validez determinada máxima de cinco años a contar desde la fecha de inscripción. En todo caso, en cualquier momento antes de la finalización de dicho plazo el poderdante podrá revocar o prorrogar el poder. Las prórrogas otorgadas por el poderdante al registro tendrán una validez determinada máxima de cinco años a contar desde la fecha de inscripción.

[gl] Las solicitudes de inscripción del poder, de revocación, de prórroga o de denuncia del mismo podrán dirigirse a cualquier registro, debiendo quedar inscrita esta circunstancia en el registro de la Administración u Organismo ante la que tenga efectos el poder y surtiendo efectos desde la fecha en la que se produzca dicha inscripción.