Concello de Narón
16/12/19 0:49:55
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

20.- Expedientes Dependencia (S-SOC-20)


Nivel 2. Descarga de formularios.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
01.- Solicitude normalizada conforme ao modelo BS210A da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Enlace externo ao modelo BS210A da Xunta de Galicia. Obrigatorio Ambas
02.- Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no caso de que non se autoriza a súa consulta. Opcional Ambas
03.- Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI. Opcional Ambas
04.- Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se é o caso, e copia compulsada do DNI/NIE do representante. Opcional Ambas
05.- Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, en el caso de que no se autorice a súa consulta. Da presentación deste documento están eximidas as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar) da Comunidade Autónoma de Galicia. Opcional Ambas
06.- Certificado/s de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude. Opcional Ambas
07.- Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen teña a súa representación. Opcional Ambas
08.- No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio do Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos. Opcional Ambas
09.- No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular. Opcional Ambas
10.- Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou réximes especiais, conforme o modelo do anexo II (modelo BS210A):

Terá o carácter de informe de condicións de saúde complementario o emitido por profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de centros residenciais onde se atope o solicitante.

Estarán exentas da presentación do informe sobre as condicións de saúde as persoas solicitantes de homologación que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.
Opcional Ambas
11.- Informe social, emitido polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se é o caso, do/a traballador/a social do sistema de saúde ou do/a traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo do anexo III do modelo BS210A. Opcional Ambas
12.- Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra comunidade autónoma, se é o caso. Opcional Ambas
13.- Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra comunidade autónoma. Opcional Ambas
14.- Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme o punto nº 10 e 11 do modelo anexo I da solicitude (modelo BS210A), da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non é a filial, conforme o punto nº 11 do modelo anexo I da solicitude (modelo BS210A), e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.
Opcional Ambas
15.- Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo padrón municipal. Opcional Ambas
16.- Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude (modelo BS210A), en cuxo caso o solicitante non estará obrigado a presentar estes documentos. Opcional Ambas
17.- Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial, conforme o anexo IX do modelo BS210A. Opcional Ambas
18.- Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, que dependan economicamente do solicitante.

Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.
Opcional Ambas
19.- Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso non estarán obrigados a presentar estes documentos, e declaración responsable do seu patrimonio, conforme o modelo anexo IX do modelo BS210A. Opcional Ambas
20.- O solicitante e as demais persoas obrigadas a presentar copia compulsada do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, sinaladas no artigo anterior, autorizarán expresamente o departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais a acceder aos datos do DNI por medios dixitais, suposto en que non será necesaria a presentación de copias destes documentos en soporte papel. Opcional Ambas

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal