03.- Aprazamentos e Fraccionamentos de Debedas (T-TES-03)


Nivel 2. Descarga de formularios.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
01.- Solicitude. Obrigatorio Ambas Modelo
02.- Declaración Responsable (Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar non exceda de 6000,00 euros, non se esixirá ó debedor a presentación da documentación xustificativa das dificultades económico-financieiras bastando a declaración responsable e se lle dispensará da obriga de presentación de garantía). Opcional Ambas
03.- (Persoas físicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, copia íntegra da declaración do Imposto sobre a Renda de Personas Físicas correspondente ó último exercicio ou, no seu defecto, certificación da Axencia Estatal da Administración Tributaria de non estar obrigado a presentala. Opcional Ambas
04.- (Persoas físicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, se recibe algunha pensión, certificado que acredite o seu importe, expedido pola Seguridade Social ou organismo competente en cada caso. Opcional Ambas
05.- (Persoas físicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, no seu caso, certificación da prestación por desempleo, facendo constar o seu importe, ou de atoparse en situación de demanda de emprego, expedidas polo organismo competente. Opcional Ambas
06.- (Persoas xurídicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, balance de situación e conta de perdas e ganancias do último exercicio pechado. Opcional Ambas
07.- (Persoas xurídicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, copia, debidamente compulsada, do Imposto sobre sociedades correspondente ó último exercicio económico presentado. Opcional Ambas
08.- (Persoas xurídicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, último balance de comprobación de sumas e saldos, certificado pola persona ou órgano que corresponda. Opcional Ambas
09.- (Persoas xurídicas) Cando o importe da débeda a aprazar ou fraccionar exceda dos 6000 euros, acreditación da titularidade da conta de cargo.
Cando sexa de titularidade do debedor, esta poderá acreditarse con calqueira documento emitido pola entidade de crédito na que conste o Código Conta Cliente (CCC) e o nome e apelidos ou razón social do titular.
Se o solicitante non fose titular da conta de cargo, requerirase ademáis, autorización expresa de este para que realicen os cargos na conta da súa titularidade, acompañada de fotocopia do DNI de dito titular.
Opcional Ambas

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas