31.- Axuda para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural (S-SOC-31)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
Datos complementarios (Anexo I) Obrigatorio Ambas Modelo
Carta de pago do tributo a nome do solicitante da axuda. No caso de fraccionamentos de pago presentarase a notificación do tributo, as cartas de pago por pagos xa realizados no seu caso, ou a concesión do fraccionamento. Obrigatorio Ambas
Declaración da renda, do último exercicio de todos os membros da unidade de convivencia maiores de 16 anos, ou no caso de non estar obrigado a facela:
. Certificado de imputación de rendas da Axencia Tributaria de todos os membros da unidade de convivencia.
. No caso de pensionistas: certificado de organismo pagador acreditativo das prestacións que percibe.
. No caso de desempregados: certificación do SPE acreditativa de estar en situación de desemprego, e percepción de prestación, de ser o caso.
. No caso de estar traballando: contrato de traballo ou últimas dúas nóminas das persoas maiores de 16 anos que realicen actividades laborais.
. No caso de inactivos: documento do SPE acreditativo de non estar inscrito como demandante de emprego das persoas maiores de 16 anos.
Obrigatorio Ambas
Resumo dos movementos bancarios dos últimos seis meses, emitido polas entidades bancarias, de todas as contas bancarias de que son titulares os membros da unidade de convivencia (art. 7 Regulamento axudas). Obrigatorio Ambas
Contrato de hipoteca da casa e recibos dos últimos tres meses. Opcional Ambas
Resolución xudicial de separación/divorcio/alimentos, ou de medidas provisionais, ou
xustificante de ter presentado a demanda, de ser o caso
Opcional Ambas
Modelo T-TES-01 de datos bancarios, sempre que non consten neste Concello ou fosen modificados, ou documento municipal que o substitúa Obrigatorio Ambas Modelo

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas