Concello de Narón
07/12/21 18:52:15
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

10.- Licenza de parcelacións (S-URB-10)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
Proxecto de parcelación subscrito por técnico/a competente, que incluirá:
a - Memoria xustificativa, que comprenderá a finalidade ou o uso a que se pretendan destinar os lotes propostos e a súa adecuación ao planeamento urbanístico aplicable e ao réxime legal de formación de parcelas e predios.
b - Minuta ou proforma do documento público ou privado no que se reflicta a división de terreos ou a operación xurídica asimilada que se solicite.
c - Plano de situación do predio que se pretenda dividir segundo a cartografía do vixente PXOM, con indicación da súa referencia rexistral de ser o caso, e catastral.
d - Plano parcelario do predio mencionado xeorreferenciado, a escala axeitada e con base cartográfica topográfica, representativo dos lotes propostos.
e - Superposición do plano parcelario sobre un plano de cualificacións urbanísticas.
f - Fichas descritivas dos lotes resultantes, incluídas as relativas aos terreos destinados a sistemas urbanísticos que se teñan que ceder, se procede. As fichas terán que especificar os límites, a cabida e a cualificación urbanística de cada lote, así como a súa calidade de indivisible, se procede.
g - Nota simple ou certificación rexistral do predio matriz obxecto de parcelación, se é o caso.
Obrigatorio Ambas
Copia do título de propiedade. Obrigatorio Ambas
Folla anexa debidamente cuberta (descrición de terreos). (Modelo S-URB-10B) Obrigatorio Ambas Modelo
Xustificante de pagamento do certificado de parcelación/segregación. Obrigatorio Ambas
Acreditación da representación. Opcional Ambas

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas
   
 
Concello de Narón - Aviso legal