01.- Concesión ou Renovación da licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos (S-MAM-01)


Nivel 3. Iniciación electrónica.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
1. Modelo de Solicitude de concesión/renovación da licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos. Obrigatorio Ambas Modelo
2. Fotocopia do DNI do solicitante. Obrigatorio Ambas
3. Xustificación da subscrición e formalización dun seguro de responsabilidade civil, onde se especifique claramente unha cobertura mínima de 125.000 euros. Este seguro deberase renovar anualmente. Acreditarase mediante presentación de copia cotexada ou compulsada da póliza de seguros ou ben mediante certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente, e fotocopia do recibo de pagamento. Obrigatorio Ambas
4. Certificado de aptitude psicolóxica do propietario (ou fotocopia compulsada), emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados, segundo o especificado no RD 287/2002, do 22 de marzo. Obrigatorio Ambas
5. Certificado negativo expedido pola Consellería de Medio Ambiente (ou fotocopia compulsada) conforme non foi sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas no apartado 3 do artigo 13 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos. Obrigatorio Ambas
6. Certificado de non ter antecedentes penais (ou fotocopia compulsada), con obxecto de acreditar que non foi condenado por delictos de homicidio, lesións, torturas, contra a libertade ou contra a integridade moral, a libertade sexual e a saúde pública, asociación con banda armada ou de narcotráfico, así como non estar privado por resolución xudicial do dereito á tenza de animais potencialmente perigosos. Observacións: este certificado ademáis de poder ser solicitado polos medios telemáticos e presenciais na sede do Ministerio de Xustiza, pode ser solicitado presencialmente no propio Concello. Obrigatorio Ambas

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas