09.- Licenza de instalación de terrazas dos locais de hostalaria (S-URB-09)


Nivel 2. Descarga de formularios.

Documentación a achegar


Documentación Tipo Presentación Modelo
01.- Fotocopia da licenza de apertura do establecemento ou referencia ao seu expediente de concesión ou transmisión. Opcional Ambas
02.- Relación dos elementos que se pretendan instalar, con indicación expresa do seu número. Opcional Ambas
03.- Plano de situación segundo cartografía oficial do PXOM. Opcional Ambas
04.- Plano de situación da terraza a escala 1:500, no que se reflicta a superficie que se vai ocupar, largo de beirarrúa, distancia ás paradas de autobuses, saídas de emerxencia, pasos de vehículos, quioscos, así como os elementos de mobiliario urbano existentes. Opcional Ambas
05.- Plano de detalle a escala 1:100 con indicación de todos os elementos de mobiliario, así como a súa clase, número, dimensións, total de superficie que se vai ocupar e colocación destes consonte determina o artigo 17. Así mesmo, sinalaranse as medidas correspondentes á fronte de fachada do establecemento e largura da beirarrúa e, se é o caso, ás árbores, zonas axardinadas, mobiliario urbano municipal existente, rexistro se arquetas dos servizos municipais e de compañías de servizos, bocas de rego, hidrantes, etc. Opcional Ambas
06.- Documento acreditativo da vixencia e de estar ao corrente no pagamento da póliza de seguros a que se refire o artigo 8. Opcional Ambas
07.- NO CASO DE TERRAZAS SITUADAS EN SOLO DE TITULARIDADE PRIVADA, Acreditación de que a situación da terraza se atopa en solo privado. Opcional Ambas
08.- NO CASO DE TERRAZAS SITUADAS EN SOLO DE TITULARIDADE PRIVADA, Fotografías das fachadas próximas ao espazo pretendido para a situación da terraza. Opcional Ambas
09.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Memoria técnica na que se detallen as características das súas instalacións. Superficie que vai ocupar e elementos instalados no interior do pechamento. Planos a escala 1:100 nos que se indiquen de forma inequívoca as dimensións, seccións, andares, alzados laterais, frontal e posterior. Sistemas de ancoraxe dos elementos ao pavimento. Opcional Ambas
10.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Certificación do técnico facultativo habilitado legalmente, visado polo colexio profesional correspondente, acerca da suficiencia da súa estabilidade estrutural e da adecuación das súas condicións de prevención e extinción de incendios, evacuación, estabilidade e reacción ao lume. Opcional Ambas
11.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Documento acreditativo da constitución dunha garantía para a reposición do pavimento público ao estado anterior á instalación do pechamento. O importe desta garantía determinarase en función do custo de reposición do espazo ocupado. Opcional Ambas
12.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Orzamento de instalación. Opcional Ambas
13.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Póliza de seguros de responsabilidade civil, sen franquía ningunha, que cubra calquera clase de risco derivado do exercicio da actividade hostaleira realizada. Opcional Ambas
14.- NO CASO DE TERRAZAS CON PECHAMENTOS ESTABLES, Contrato de mantemento e revisión dos extintores e da iluminación de emerxencia e sinalización con empresa autorizada. Opcional Ambas
15.- NO CASO DE QUE SE INSTALEN PLATAFORMAS DE SOPORTE DAS TERRAZAS, Incluirase unha certificación do técnico facultativo habilitado legalmente, visada polo colexio profesional correspondente, acerca da suficiencia da súa estabilidade estrutural. Opcional Ambas
16.- NAS SOLICITUDES DE RENOVACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS CONCEDIDAS no período de funcionamento precedente que impliquen modificacións puntuais soamente será preciso presentar a documentación que describa a modificación. Opcional Ambas

Lenda


Tipo de documentación a achegar

  • Opcional Opcional
  • Obrigatorio Obrigatorio

Presentación

  • Presencial Presencial
  • Electrónica Electrónica
  • Ambas Ambas