04B.- Comunicación Previa de Obras para actividades non sometidas ao rexime xurídico dos espectáculos públicos e actividades recreativas (S-URB-04-B)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Documento mediante o que os interesados comunican ó Concello a intención de realizar as obras sometidas a este procedemento, cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda levar a cabo ou comezar a súa execución. Están sometidos a este réxime os actos de uso do solo e do subsolo que non estean amparadas polo réxime de licenza municipal previa recollidos no art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 351.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro polo que se aprobou o Regulamento de dita lei do solo de Galicia,así como según o establecido no artigo 5 da Ordenanza reguladora do procedemento de intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades e servizos no termo municipal de Narón
Obxecto:
Obras destinadas ao desenvolvemento dunha actividade non sometida ao rexime xurídico dos espectáculos públicos e actividades recreativas.
Forma de inicio:
Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá?:
No caso de realizarse a visita de comprobación favorable polos servizos técnicos municipais, a Alcaldía dará conformidade á instalación.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Positivo, sempre que se cumprixen con todos os requisito esixibles e non contraveña a normativa vixente ou o planeamento urbanístico.
Recursos posibles:
Recursos contra o acto administrativo da visita de comprobación: recurso potestativo de reposición e/ou recurso contencioso-administrativo.
Tributos:
Ordenanza fiscal núm. 20 reguladora da taxa por licenzas urbanísticas e servizos urbanísticos, Ordenanza fiscal núm. 6 reguladora do imposto sobre construcións, instalación e obras e Ordenanza fiscal núm 11 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
Prazo máximo para a inspeción e notificación de conformidade:
3 meses.
Observacións:
As consideradas polos servizos técnicos municipais.
Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter obrigatorio
Lexitimación
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable tanto a petición do intresado como por actuación de oficio
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Tramitación presencial


Tramitación electrónica