Concello de Narón
11/12/18 6:26:02
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

36.- PROGRAMA MUNICIPAL EDUCATIVO INDI - INFORMÁTICA DIVERTIDA


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Participación nas accións formativas do rpograma municipal educativo INDI- INFORMATICA DIVERTIDA
Forma de inicio:
Apertura prazo de inscripción
¿Quen o pode solicitar?:
Rapaces e rapazas empadroadas en Narón con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos, inclusive.
¿Como solicitalo?:
- As solicitudes deberán presentarse preferentemente no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.
-Cando a solicitude envíese por correo certificado, deberá comunicarse ao servizo Sociocomunitario, dentro do día seguinte a acabar o prazo de solicitude, mediante envío dun correo electrónico á dirección: sociocomunitario@naron.es, achegando a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora da imposición do envío na oficina de correos

Unidade tramitadora:
Servizo Sociocomunitario.
¿Órgano que o resolverá?:
Resolución da Concelleira Delegada de Mocidade
Prazo de tramitación:
Desde o 5 de decembro ata o 18 de decembro de 2018
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio
Recursos posibles:
Potestativo de Reposición e Contencioso administrativo
Observacións:
Selección dos participantes: Por rigurosa orde de inscrición. Se lles comunicará a súa participación na actividade entre o 19 e 21 de decembro, telefonicamente, aos 15 primeiros rexistrados e que cumpren os requisitos. Ademais da publicación na web do concello, do listado de persoas admitidas e suplentes e excluídas.
O concello resérvase a posibilidade de anular esta actividade no caso de que non se cubra o 80% da participación prevista.


Título da acción formativa
Lugar Núm. participantes Horas Horarios e datas previstas
Programación e Robótica
educativa
Aula Cemit (Xuvia) 15 28Do 24 de decembro ao 4
de xaneiro inclusive. De 10:00 a 13:30 horas. De L-V.


Os días 25 de decembro e 1 de xaneiro non haberá actividade

Contido:
- Programar con Minecraft e Star Wars
- Programar con Bloques
- Tarxetas de Nadal con GIMP
- Creación de comics dixitais
Para máis información, contactar co seguinte persoal municipal:
Alejandro Fernández: 981 337 700, ext. 1517
Ángela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123
Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Tramitación presencial


Tramitación electrónica



   
 
Concello de Narón - Aviso legal