Concello de Narón
11/12/18 6:08:21
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

01B.-Declaración responsable de actividades recreativas e espectáculos públicos con obras previas(S-URB-01-2)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade recollida no Catálogo de actividades recreativas e espectáculos públicos que non precise de licenza según o establecido no art. 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
Forma de inicio:
Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá?:
A Xunta de Goberno local.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Positivo, sempre que cumpra con tódolos requisitos esixidos, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou norma de dereito comunitario establezan o contrario. En ningún caso entenderanse adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o plan vixente.
Recursos posibles:
Recurso de reposición previo ó contencioso contra a liquidación, e recurso potestativo de reposición e/ou contencioso-administrativo contra o acto administrativo.
Tributos:
Ordenanza fiscal núm. 12 reguladora da taxa por licenza de apertura e verificación de establecementos.
Prazo máximo para a inspeción e notificación de conformidade:
3 meses.
Observacións:
Actividades clasificadas no Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 292/2004, do 18 de novembro, modificado polo Decreto 160/2005, do 2 de xuño, e que non precisen de licenza municipal segundo o establecido no artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia; é dicir, aquelas NON comprendidas nos seguintes supostos:

a) A apertura de establecemento abertos ao público cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento aberto ao público.
c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable.
d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que deban dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable
e) A celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.

Tramitación electrónica



   
 
Concello de Narón - Aviso legal