Concello de Narón
16/12/18 21:40:56
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

35.- Solicitude Campamento Mocidade Activa


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Ofrecer unha serie de actividades atractivas para a mocidade de Narón que lles perrmitan coñecerse entre eles/as, familiarizarse coa riqueza cultural, patrimonial e natural de Narón e a súa contorna, así como descubrir novas alternativas de lecer saudable.
Forma de inicio:
Apertura prazo de inscripción
¿Quen o pode solicitar?:
Persoas novas empadroadas no Concello de Narón e nadas no ano 2002,2003,2004 ó 2005
¿Como solicitalo?:
- As solicitudes deberán presentarse preferentemente no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.
-Cando a solicitude envíese por correo certificado, deberá comunicarse ao servizo Sociocomunitario, dentro do día seguinte a acabar o prazo de solicitude, mediante envío dun correo electrónico á dirección: sociocomunitario@naron.es, achegando a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora da imposición do envío na oficina de correos

Unidade tramitadora:
Servizo Sociocomunitario.
¿Órgano que o resolverá?:
Resolución da Concelleira Delegada de Mocidade
Prazo de tramitación:
Desde o día 3 ao 18 de decembro de 2018
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio
Recursos posibles:
Potestativo de Reposición e Contencioso administrativo
Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Tramitación presencial


Tramitación electrónica



   
 
Concello de Narón - Aviso legal