04.- Comunicacion-Autorizacion fogueiras de San Xoan ou similares en espazos privados (comunicación) ou públicos(autorización) (A-ALC-04)


Nivel 3. Iniciación electrónica.
Descripción:
Comunicase ou solicitase autorización para a realización de fogueiras de San Xoán ou similares en espazos privados (comunicación) ou espazos públicos (autorización).
Forma de inicio:
Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
Asociacións municipais, culturais e aquelas outras persoas físicas ou xurídicas promotoras da actividade.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.

A través do Rexistro Telemático.

Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que intebran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio .

Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Unidade tramitadora:
Gabinete de Alcaldía.
Tributos:
Ningún.
¿Órgano que o resolverá?:
Mediante Resolución de Alcaldía.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado, entenderase que o proxecto é correcto e válido a todos os efectos e poderá entender estimada por silencio administrativo a solicitude.
Recursos posibles:
Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
Prazo de presentación:
En cualquera momento.
Prazo máximo de resolución:
A tramitación da solicitude de autorización non poderá exceder de tres meses, a contar dende a presentación da solicitude e da documentación anexa no concello, ata a resolución municipal, na que se comunican os requisitos e condicionantes técnicos.

Tramitación presencial


Tramitación electrónica