06.- Reserva de Aparcadoiro, Peches de Ruas, e Subministro de Espellos de Sinalizacion (A-POL-06)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Solicitudes de reserva de aparcadoiro na vía pública para mudanzas, carga ou descarga de materiais e outros, peches de rúa, subministro de espellos de sinalización.

Forma de inicio:
Solicitude da persoa interesada.
¿Quen o pode solicitar?:
Persoa física con capacidade de obrar, persoa xurídica ou representante.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada.

Enderezo:
Concello de Narón.
Praza de Galiza s/n.
15570 NARÓN.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.

A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.

Unidade tramitadora:
Unidade Administrativa da Policía Local.
¿Órgano que o resolverá?:
A Alcaldía do Concello de Narón.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, con sede en Ferrol, no prazo de dous meses a partir do día seguinte da notificación.

No caso de presentar recurso de reposición, non poderá interpoñer o contencioso-administrativo, ata que se resolva expresamente o de reposición ou se produza a desestimación presunta polo transcurso do devandito mes sen terlle notificado a dita resolución expresa.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.

Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno.

Tributos:
Ordenanza Fiscal nº 27 Reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. (Tarifas 2.3, 2.4 e 2.6).
Prazo máximo de resolución:
3 meses.
Observacións:
A solicitude deberá presentarse cunha antelación mínima de tres días respecto da realización da actividade.

Tramitación presencial