20.- Expedientes Dependencia (S-SOC-20)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.
Forma de inicio:
Solicitude do interesado.
¿Quen o pode solicitar?:
Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia.

As persoas que, reunindo os requisitos dispostos , carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.
¿Como solicitalo?:
A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá a través do Portelo Único á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá?:
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación:
6 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.