07/07/22
0:46:39
Actualizar Hora
Sede electrónica
>
Catálogo de servizos
>
Información do trámite
Sede Electrónica
Catálogo de servizos
Taboleiro de anuncios e edictos
Calendario de días inhábiles
Validación de documentos dixitais
Consulta de expedientes
Consulta de solicitudes electrónicas
Caixa de correo de notificacións
Oferta pública de emprego
Bolsa de emprego
Actividades
Formación
19.- Expedientes Pensions non Contributivas (Invalidez) (S-SOC-19)
Datos xerais
Lexislación
Documentación
Obxecto:
Solicitar pensión non contributiva de Invalidez.
Forma de inicio:
Solicitude do interesado segundo o modelo normalizado BS650A da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Quen o pode solicitar?:
Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado:
1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.
2) Ter 18 anos ou máis anos e menos de 65.
3) Residir en territorio español e telo feito durante un periodo de 5 anos, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatemente anteriores á data de solicitude.
4) Ter recoñecido un grao de minusvalidez ou discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.
¿Como solicitalo?:
A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón
Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá?:
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación:
3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tramitación presencial
Modelo Normalizado BS650A da Xunta de Galicia
Subir
Concello de Narón - Aviso legal