21/04/21
16:10:54
Actualizar Hora
Sede electrónica
>
Catálogo de servizos
>
Información do trámite
Sede Electrónica
Catálogo de servizos
Taboleiro de anuncios e edictos
Calendario de días inhábiles
Validación de documentos dixitais
Consulta de expedientes
Consulta de solicitudes electrónicas
Caixa de correo de notificacións
Oferta pública de emprego
Bolsa de emprego
Actividades
Formación
17.- Expedientes Recoñecemento Discapacidades (S-SOC-17)
Datos xerais
Lexislación
Documentación
Obxecto:
Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Forma de inicio:
Solicitude do interesado segundo o modelo normalizado BS611A da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Quen o pode solicitar?:
Poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade aquelas persoas de nacionalidade española que residan nun municipio da Comunidade Autónoma e que cumpran os demais requisitos que se establecen nesta orde.
2. Así mesmo, poderán solicitar o recoñecemento do grao de discapacidade as persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro e as persoas estranxeiras residentes en Galicia segundo o procedemento establecido nos artigos 25 e 26 respectivamente.
¿Como solicitalo?:
A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón
Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá?:
Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación:
3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tramitación presencial
Modelo Normalizado BS611A da Xunta de Galicia
Subir
Concello de Narón - Aviso legal