Concello de Narón
11/12/18 6:03:11
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

16.- Expedientes Axudas de Inclusion Social da Xunta de Galicia (S-SOC-16)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Axudas para situacións de emerxencia social destinadas a paliar necesidades extraordinarias e urxentes de persoas afectadas por situacións de emerxencia.

Considéranse a estes efectos situacións de emerxencia social aquelas que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas que teñan carácter básico, transitorio, urxente e previsiblemente irrepetible, cando non estean cubertas polos diferentes sistemas de protección.
Forma de inicio:
Solicitude do interesado conforme ó modelo normalizado BS618D da Consellería de Política Social.
¿Quen o pode solicitar?:
Persoas que cumpran cos seguintes requisitos:

- Ser maior de idade.
- Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter constituido unha unidade de convivencia independente.
- Non dispoñer de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de emerxencia.
¿Como solicitalo?:
A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Os trámites municipais lévanse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón e posteriormente remítese a solicitude xunto coa restante documentación á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá?:
Consellería de Política Social.
Prazo de tramitación:
Unha vez finalizada a instrución do expediente, o órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.

Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes de concesión das axudas de inclusión social en que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da axuda en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
   
 
Concello de Narón - Aviso legal