21/04/21
16:56:46
Actualizar Hora
Sede electrónica
>
Catálogo de servizos
>
Información do trámite
Sede Electrónica
Catálogo de servizos
Taboleiro de anuncios e edictos
Calendario de días inhábiles
Validación de documentos dixitais
Consulta de expedientes
Consulta de solicitudes electrónicas
Caixa de correo de notificacións
Oferta pública de emprego
Bolsa de emprego
Actividades
Formación
15.- Expedientes de RISGA (S-SOC-15)
Datos xerais
Lexislación
Documentación
Obxecto:
A renda de integración social de Galicia confórmase como unha prestación social destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como acadar a súa autonomía e integración normalizada mediante a execución dun proxecto personalizado de inserción. En canto prestación económica, terá carácter alimenticio persoal e non transmisible.
Forma de inicio:
Solicitude do interesado conforme ó modelo normalizado BS626F da Consellería de Política Social.
¿Quen o pode solicitar?:
Persoas nas que concorra unha problemática específica de integración.
¿Como solicitalo?:
A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá a través do Portelo Único á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón
Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Os trámites municipais lévanse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón e posteriormente remítese a solicitude xunto coa restante documentación á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá?:
Consellería de Política Social.
Prazo de tramitación:
Unha vez finalizada a instrución do expediente, o órgano competente de ámbito provincial da Administración autonómica elaborará a correspondente proposta de resolución e ditará a resolución, que deberá ser notificada no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para resolver.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Entenderanse estimadas aquelas solicitudes de concesión da Risga nas que non se notificase resolución expresa no prazo de dous meses desde a entrada da solicitude da Risga en calquera dos rexistros do órgano competente para a resolución, e entenderase interrompido o dito prazo se concorren as causas de suspensión anteriormente descritas. En todo caso, para a aplicación da estimación por silencio administrativo, deberá constar no expediente a recepción dos informes preceptivos e determinantes con proposta de concesión da prestación. De non se daren estes requisitos, as solicitudes poderanse entender desestimadas.
Recursos posibles:
Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tramitación presencial
Modelo Normalizado BS626F da Xunta de Galicia
Subir
Concello de Narón - Aviso legal