03.- Aprazamentos e Fraccionamentos de Debedas (T-TES-03)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Poderá aprazarse/fraccionarse o pagamento da débeda, tanto en período voluntario como executivo, tras a petición dos obrigados cando a súa situación económica-financeira lles impida, transitoriamente, efectuar o pagamento dos seus débitos.
As débedas aprazadas ou fraccionadas deberán garantirse mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca ou certificado de seguro de caución, coas salvedades reguladas no artigo 82 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
A presentación dunha solicitude de aprazamento ou fraccionamento en período voluntario impedirá o inicio do período executivo, pero non o devengo do xuro de demora.
Forma de inicio:
A instancia do obrigado ao pagamento.
¿Quen o pode solicitar?:
Os obrigados ao pagamento de débedas tributarias e demais ingresos de dereito público.
¿Como solicitalo?:
Coa presentación do modelo normalizado:

- Na Tesourería do Concello de Narón, sita no 4º andar da casa do Concello.

- Na sede electrónica municipal.


Unidade tramitadora:
A Tesourería do Concello tramitará as solicitudes de aprazamento ou fraccionamento examinando e avaliando a falta de liquidez e a capacidade para xerar recursos conforme ó disposto nas normas regulamentarias de aplicación, formulando a correspondente proposta de resolución ó órgano competente para a súa aprobación.
Salvo circunstancias excepcionais apreciadas polo órgano que resolva, denegaranse as seguintes solicitudes:

a) As de reconsideración de aprazamentos resoltos segundo os presentes criterios e que non estean debidamente fundadas, tendo como única finalidade demorar o cumprimento da obriga tributaria.

b) As presentadas por contribuíntes que incumpran aprazamentos concedidos ou non formalizaran as garantías.

c) As que correspondan a débedas illadas presentadas por contribuíntes que manteñen outras débedas co Concello sen regularizar.

d) Se se trata de empresas mercantís, cando a base impoñible para os efectos do Imposto sobre sociedades do último exercicio económico sexa superior a 6.000 euros.
¿Órgano que o resolverá?:
Alcaldía, ou concelleiro delegado, no seu caso.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
A resolución deberá de adoptarse no prazo máximo de seis meses a contar dende o día en que a solicitude tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello. Transcorrido dito prazo poderá entenderse desestimada a solicitude.
Recursos posibles:
Reposición e contencioso administrativo.
Prazo máximo de resolución:
6 meses.
Observacións:
1.- Os criterios xerais de concesión de aprazamentos e fraccionamentos son:

a) As débedas entre 100,00 euros e 300,00 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de tres meses ou mensualidades.
b) As débedas entre 300,01 euros e 900,00 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de seis meses ou mensualidades.
c) As débedas entre 900,01 euros e 1500,00 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de nove meses ou mensualidades.
d) As débedas entre 1.500,01 euros e 3.000,00 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de doce meses ou mensualidades.
e) As débedas entre 3.000,01 euros e 6.000,00 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de quince meses ou mensualidades.
f) As débedas de importe superior a 6.000,01 euros poderán aprazarse ou fraccionarse ata un máximo de vintecatro meses ou mensualidades.

Excepcionalmente, aprazaranse ou fraccionaranse débedas de contía inferior a 100 euros ou por prazos superiores aos previstos para aqueles contribuíntes que se atopen en situación de emerxencia social, ou que pertenza a unha unidade familiar que se atope nalgunha destas circunstancias, acreditada mediante informe dos servizos sociais: familias con problemas de integración social, familias con menores con problemas de integración social, casos de intervención socio familiar ou calquer outra situación debidamente xustificada polos servicios sociais do Concello.

Tamén con carácter excepcional atendendo a unha situación de precariedade económica en función da documentación adicional que a xuizo da tesourería se lle poida requerir, podrá outorgarse aprazamento ou fraccionamentos de débedas de contía inferior a 100,00 euros ou por prazos superiores aos previstos con carácter xeral.

2.- Será obrigatoria na concesión de fraccionamentos e aprazamentos a domiciliación do pago dos correspondentes prazos, e deberase facer constar o IBAN no propio escrito da solicitude.

3.- A concesión do aprazamento ou fraccionamento outorgarase de forma automática para débedas de contía inferior a 6.000,00 euros, susbstituíndose a presentación de documentos xustificativos pola simple declaración responsable da existencia de dificultades económico- financieiras que impiden de forma transitoria efectuar o pago no prazo establecido.

4.- As cantidades que se apracen ou fraccionen devengarán o xuro de demora regulado no artigo 14 desta Ordenanza e 17 da Lei Xeral Orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias, respectivamente, que será o xuro legal que corresponda ata a data do seu ingreso.



Prazos de ingreso, forma de pagamento e efectos da falta de pagamento:

1.- O ingreso dos prazos deberá realizarse nas datas establecidos nos acordos de concesión do fraccionamento ou aprazamento, que serán sempre o día 5 ou 20 do mes a que se refiran.

2.- Será obrigatoria a domiciliación do pago dos correspondentes prazos, e deberase facer constar o IBAN no propio escrito da solicitude.

3.- Nos aprazamentos e fraccionamentos concedidos, se chegado o vencemento do prazo concedido ou fraccionado non se efectuase o pagamento procederase a exaccionar a débeda pola vía de constrinximento ou ben a executar a garantía de conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 58/2003, xeral tributaria e normativa regulamentaria de aplicación.



Tramitación presencial