28.- Bonificacion Alimentacion Infantil Pediatrica (S-SOC-28)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Son axudas económicas destinadas a garantir a nutrición infantil, durante o primeiro ano de vida dos menores de familias con recursos baixos ou insuficientes. Será preceptiva a prescrición facultativa dun ou dunha pediatra da sanidade pública que indicará a necesidade de alimentación artificial, así como a cantidade mensual necesaria e a denominación precisa do produto. O importe máximo desta prestación será o 90% do custo do produto prescrito.
Forma de inicio:
SOLICITUDE DO/DA INTERESADO/DA.
¿Quen o pode solicitar?:
As persoas ou familias empadroadas no Concello de Narón, cunha antigüidade de seis meses á data da solicitude, ou da convocatoria das axudas, coas excepcións que se contemplan neste regulamento, cuxo estado de necesidade ou insuficiencia de ingresos, se encontre recoñecido no momento da solicitude, e cumpran cos requisitos específicos esixidos para a súa concesión.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Servizo Sociocomunitario.
¿Órgano que o resolverá?:
Alcaldía ou Concellería delegada competente.
Prazo de tramitación:
1 mes a partir da data da solicitude, agás que sexa preciso requirir datos ós solicitantes e se paralice o procedemento por tal causa.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio
Recursos posibles:
Recurso de reposición previo ao contencioso administrativo

Tramitación presencial


Documentación complementaria á solicitude