02.- Domiciliacion Bancaria Pago Tributos Municipais (T-TES-02)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Domiciliación bancaria para o pago de tributos municipais (impostos, taxas, etc).
Forma de inicio:
A instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
Poderá realizar este trámite o titular do tributo.
¿Como solicitalo?:
De modo presencial nas seguintes dependencias:

- Nos Servicios Sociocomunitarios do Concello, sito na planta 1ª do edificio do Concello.

- No Servicio de Deportes, sito no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara ( Estrada de A Gándara, 148).

- Na Tesourería municipal, sita na planta 4ª do Edificio do Concello de Narón.

Por medios electrónicos:
- No rexistro xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón.


Unidade tramitadora:
Tesourería municipal.
Observacións:
- Onde se debe presentar:
a) No Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello
b) En cualqueira outro Rexistro Público ou por correo, nos termos previstos no art. 16 Lei 39/2015, LPACAP.
c) A través da súa entidade bancaria.
d) Na sede electrónica municipal.


- Documentación a aportar:
No suposto de que o titular do recibo sexa distinto do titular da conta, deberase de aportar o DNI/NIF deste último.


- Prazo de solicitude:
Para que a solicitude forneza efectos respecto de cada tributo, deberá presentarse cunha antelación mínima de dous meses antes do comezo do período voluntario de cobranza.

As ordes defectuosas, que carezan ou conteñan datos erróneos que sexan imprescindibles para a súa execución, non estean asinadas polo titular da conta ou existan dúbidas sobre a acreditación da titularidade da conta, teranse por non presentadas ata que non se corrixa a deficiencia.


- Información adicional:
A domiciliación estará vixente para sucesivos vencementos e por tempo indefinido, mentres que non se modifique ou cancele a súa petición.
A domiciliación deberá ser enviada ao Concello para a súa custodia e comunicada á Entidade Bancaria para que atenda ao recibo á súa presentación.

Tramitación presencial