|
05.- Solicitude de Informe por Accidente Trafico (A-POL-05)
-
Solicitude de informe por accidente de tráfico.
Previamente, o interesado deberá verificar que o accidente figure rexistrado e que este reúne os requisitos establecidos na Ordenanza Fiscal nº 11 REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS para a súa emisión, contactando por teléfono ao número 981.381700 ou ao correo electrónico l.pineiro@naron.es.
Se a petición reúne estes requisitos, o xefe da policía emitirá informe favorable á Tesourería Municipal para que esta lle notifique ao peticionario a AUTOLIQUIDACIÓN, e se lle remite un correo ao o mesmo dende a Unidade de Atestados advertíndolle que lle van a notificar a autoliquidación e unha vez abonada deberá presentar a solicitude de informe por accidente de tráfico no modelo que se axunta.
-
Solicitude da persoa interesada.
-
Persoa física con capacidade de obrar, persoa xurídica ou representante.
-
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia de solicitude correspondente debidamente cumprimentada.
Enderezo: Concello de Narón. Praza de Galiza s/n. 15570 NARÓN.
Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
A través do rexistro telemático identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido.
-
Sección de Atestados da Policía Local.
-
A Alcaldía do Concello de Narón.
-
Desestimatorio.
-
Recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, con sede en Ferrol, no prazo de dous meses a partir do día seguinte da notificación.
No caso de presentar recurso de reposición, non poderá interpoñer o contencioso-administrativo, ata que se resolva expresamente o de reposición ou se produza a desestimación presunta polo transcurso do devandito mes sen terlle notificado a dita resolución expresa.
Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.
Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno.
-
4º apartado da Ordenanza Fiscal nº 11 por expedición de documentos administrativos, artigo 16.
Importe taxa municipal ano 2017: 101,80€.
-
3 meses.
-
Deberá presentarse o xustificante de ter aboada a autoliquidación da taxa xunto coa solicitude de informe por accidente de tráfico.
|