|
04.- Limpeza de Parcelas Urbanas (S-MAM-04)
-
Poñer en coñecemento do Concello o incumprimento do establecido no establecido no artigo 88 da Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón (BOP núm. 224 do 23.11.2012) que establece que os propietarios dos terreos teñen a obriga de mantelos limpos, libres de desfeitos, maleza e residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público, en consonancia co establecido na lexislación urbanística de aplicación (artigo 135.1 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia).
-
Instancia de parte.
-
Calquera persoa que desexe denunciar o incumprimento da normativa de aplicación.
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.
-
Servizo de Medio Ambiente.
-
En caso de incumprimento do requirimento de limpeza, poderase acordar a incoación de expediente sancionador, así como a imposición de multas coercitivas reiterables por importe comprendido entre os 300 e os 6000 euros (artigo 101 da Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón). O órgano competente para a imposición da sanción será o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Narón, de acordo co establecido no artigo 25.2 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
-
Un ano.
-
Nos procedementos nos que a Administración exercite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de producir efectos desfavorables ou de gravamen, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
-
- Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.
- Calquera outro que se estime procedente.
-
Poderase presentar en calquera momento ao longo do ano.
|