|
03.- Autorización para a realización de festexos populares (A-ALC-03)
-
Solicitarase autorización para a realización de festas populares, gastronómicas e espectáculos no ámbito municipal.
-
Instancia de parte.
-
Comisións de festas, Asociacións municipais, culturais e aquelas outras persoas físicas ou xurídicas promotoras da actividade.
-
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.
Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
A través do Rexistro Telemático.
Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que intebran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio .
Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
-
Gabinete de Alcaldía.
-
Festexos tradicionais: gratuito.
Outros espectáculos: gratuito agás cando se realice ocupación de bens públicos.
-
Mediante Resolución de Alcaldía.
-
Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado, entenderase que o proxecto é correcto e válido a todos os efectos e poderá entender estimada por silencio administrativo a solicitude.
-
Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.
Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.
Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
-
En cualquera momento.
-
A tramitación da solicitude de autorización non poderá exceder de tres meses, a contar dende a presentación da solicitude e da documentación anexa no concello, ata a resolución municipal, na que se comunican os requisitos e condicionantes técnicos.
|