|
01.- Transmisión da titularidade dunha licenza municipal de taxi (S-CON-01)
-
Transmisión dos títulos habilitantes a calquera persoa física que o solicite e acredite que cumpre cos requisitos para ser titular destes segundo o establecido na lei.
-
Instancia de parte.
-
O titular da licenza.
-
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.
Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do Rexistro Telemático
Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio
Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
-
Servizo de Contratación.
-
Mediante resolución do concelleiro delegado neste ámbito.
-
Máximo 3 meses.
-
Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado entenderase desestimada por silencio administrativo a solicitude.
-
Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.
Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta. Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
-
658,60 euros.
|